Camiña pola Igualdade, unha marcha para conmemorar en Ares o Día Internacional da Muller

A concelleira de Igualdade, Victoria Montenegro, xunto coa edil Lucía Blanco, a técnica de Servizos Sociais Lucía Regueira e Alberto Pérez, da Asociación Bimares, axente colaborador na iniciativa a maiores de Protección Civil de Ares, o Grupo de Gaitas Aresán e Familia, presentaron ‘Camiña pola Igualdade’, a proposta municipal para celebrar o Día Internacional da Muller que se celebrará o mesmo 8 de marzo na localidade de Ares.

Deste xeito, o deporte volverá ser un eixo da conmemoración desta data con tanta relevancia para a sociedade. Dende o Concello propóñense dous itinerarios dentro da iniciativa da Concellaría de Igualdade, os dous deseñados co mesmo simbolismo: camiñar para salientar o que se avanzou, pero tamén o que queda pendente de transitar a prol da igualdade de xénero.

Durante a xornada do 8M, a Praza da Constitución aglutinará toda a actividade, pois dende alí se centralizará a organización e se pechará o evento coa lectura dun manifesto, leído pola Asociación Concepción Arenal, que reivindique a loita pola ampliación dos dereitos das mulleres.

O percorrido máis longo, ‘Camiñemos xuntos, contará cunha distancia de aproximadamente dez quilómetros e unha dificultade baixa-media, establecendo un itinerario que transitará a parroquia de Caamouco deseñado para maiores de 10 anos e nos que se poderá acudir con mascota. Principiará ás 10:00 horas na Praza da Constitución.

A segunda proposta, O quilómetro da Igualdade, organízase co obxectivo de achegar un roteiro máis accesible, de carácter integramente urbano polo núcleo de Ares, entre as rúas interiores e o paseo marítimo da localidade, cunha dificultade baixa e un quilómetro de extensión. Comezará na Ponte da Ciscada ás 12:15 horas.

Así, os dous itinerarios rematarán preto das 12:30 horas na Praza da Constitución, onde poderán realizar outro avituallamento líquido sólido e recibir o agasallo conmemorativo da xornada.

INSCRICIÓNS TELEMÁTICAS

Xunto coa presentación desta mañá, dende o Concello tamén anunciaron a posta en marcha do proceso de inscricións para os dous itinerarios de Camiña pola Igualdade, que será totalmente telemático cubrindo un formulario na web www.concellodeares.gal.

Até o luns 3 de marzo ás 15:00 horas, abrirase a posibilidade de reservar praza. A participación é totalmente gratuíta e só será preciso levar roupa cómoda e calzado axeitado.

Lea también

O Parrulo Ferrol logra una gran victoria ante el Málaga Ciudad Redonda

O Parrulo Ferrol confirma su mejor momento en esta temporada tras lograr su cuarta victoria …

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *