O BNG de Ferrol conmemora o día de Rosalía e reivindica a remodelación da súa praza

O Bloque Nacionalista Galego de Ferrol conmemorou na mañá deste sábado o Día de Rosalía cun acto na praza que leva o seu nome no barrio de San Xoán no que reivindicou a necesidade pensar o noso futuro como pobo por nós mesmos

Iván Rivas, portavoz do BNG en Ferrol, lembrou que o BNG desenvolve este acto, un ano máis, diante da incomparecencia do goberno municipal e acompañados dos veciños e veciñas deste barrio que decepcionados polas prioridades do alcalde reivindicaron unha vez máis a remodelación deste espazo central do barrio despois de que o Partido Popular decidise destinar os fondos previstos para esta obra a costear a nova iluminación do estadio da Malata.

Iván Rivas aproveitou este acto para esixir ao alcalde da cidade que atenda as necesidades da veciñanza como é a remodelación da praza de Rosalía e por outra que reivindique as referencias do pasado como Rosalia que nos permitan construir o futuro desde o que somos como colectivo e como pobo.

Rivas sinalou que se algo podemos aprender da nosa historia é que pensar por nos mesmos é mais necesario que nunca, isto é evidente en personaxes como Castelao ou como Rosalia e indicou que se renunciamos ao que somos non temos ningún futuro e polo tanto a nosa existencia depende de que empezemos a poñer os pes sobre a nosa realidade e construamos o noso futuro desde aquí.

Lea también

Siete empresas presentan ofertas para realizar el aglomerado del tramo de la avenida de la Residencia

El tramo de 738 metros de la avenida de la Residencia que conecta la rotonda …