O Campus Industrial de Ferrol acolle a XI FIRST LEGO League Galicia

A Universidade da Coruña (UDC) organiza a décimo primeira edición da FIRST LEGO League Galicia (FLL Galicia) este sábado 22 de febreiro, no Campus Industrial de Ferrol, entre as 09:30 e as 19:00 horas. Nesta ocasión, participan un total de 53 equipos (27 na categoría FLL Challenge, 22 na FLL Explore e 4 na FLL Discover) e máis de 350 mozos de distintos puntos de Galicia e de Asturias. O evento, coordinado polo profesor José Antonio Becerra, poderá seguirse en directo a través da canle oficial de YouTube da FLL Galicia.

Campus de Esteiro | Concello de Ferrol

As presentacións dos Proxectos de Innovación faranse nas aulas da Escola Politécnica de Enxeñaría de Ferrol (EPEF) e nas da Facultade de Humanidades e Documentación mentres que o Xogo do Robot se disputará no Pavillón de Esteiro e a entrega de premios terá lugar, en horario de tarde, no Auditorio de Ferrol.

De 09:30 a 09:50 horas – Cerimonia de Inauguración no Pavillón de Esteiro
De 10:00 a 13:30 horas – Presentacións da Categoría Challenge na Facultade de Humanidades e Documentación
De 10:00 a 14:00 horas – Xogo do Robot no Pavillón de Esteiro
De 11:00 a 13:50 horas – Presentación da Categoría Explore na Escola Politécnica de Enxeñaría de Ferrol (EPEF)
De 17:00 a 19:00 horas – Entrega de Premios no Auditorio Municipal de Ferrol

 

Lea también

El Concello de Ferrol defiende su gestión de la ejecución presupuestaria de 2025

El gobierno municipal ofrecía este martes en la comisión de Hacienda a los grupos municipales …