IV Carreira e andaina pola igualdade en Narón organizada con motivo do 8M

O edil de Deportes de Narón, Ibán Santalla, informou da apertura do prazo de inscrición na cuarta edición da Carreira e andaina pola Igualdade, que se celebra o vindeiro 9 de marzo na cidade.

A convocatoria, organízase no marco dos actos do 8M, Día Internacional da Muller, e levarase a cabo en horario de mañá, con saída e meta nas inmediacións do complexo polideportivo municipal da Gándara. A proba ten un límite de 500 participantes para a categoría absoluta; 400 para a andaina e 400 nas categorías de menores.

As categorías de menores son as de prebenxamín -100 metros, para nados en 2018 e posteriores-; benxamín-sub10 -500 metros, para nados en 2016 e 2017- e alevín-sub12 -1.000 metros, para nados en 2014-2015-; a de infantil-sub14 -1.000 metros, para nados en 2012-2013- e sub-16 -2.000 metros, para nados en 2010-2011- e a de sub-18 -2.000 metros, para nados en 2008-2009-. As saídas de todas elas serán dende as 10:00 horas aproximadamente da sub-18 ata as 10:45 horas, da de prebenxamín, de xeito paulatino.

En canto á absoluta, os participantes realizarán un percorrido de 5.000 metros –nados de 2007 en adiante- e partirán ás 11:00 horas. Hai tamén modalidades de cadeira de rodas, handbike, para invidentes e para persoas con discapacidade intelectual. A andaina, cun percorrido de 4.500 metros, partirá ás 11:05 horas, segundo as previsións e ao remate da mesma procederase á entrega de premios. A organización premiará nas categorías absolutas ás tres primeiras mulleres e aos tres primeiros homes, ao igual que nas categorías non oficiais.

Tamén se entregará un premio á participante feminina de maior idade que remate a carreira. Nas categorías de menores entregaranse medallas a todos os participantes

As persoas interesadas en participar poden inscribirse ata o 5 de marzo –ás 23:59 horas- na web: www.carrreirasgalegas.com, debendo abonar 4 euros para as categorías absolutas e a andaina, sendo de balde para os menores en ambas opcións.

Lea también

Pontevedra clausura el mejor Mundial Multideporte de la historia

Del 20 al 29 de junio, la ciudad gallega de Pontevedra se convirtió en el epicentro del …