Ares ultima o programa de conmemoración do Día de Rosalía

O municipio de Ares encara esta semana de febreiro co foco posto na conmemoración do Día de Rosalía, unha efeméride que lembra a relevencia da poeta galega na sociedade de hoxe e festexa o seu aniversario de nacemento un 23 de febreiro de 1837.

E para celebrar a autora máis universal das letras galegas, impulsora do Rexurdimento da literatura de Galicia, o Concello organiza dúas programacións de carácter cultural nos vindeiros días.

A primeira delas será este xoves, 20 de febreiro, ás 16:30 horas nas instalacións da biblioteca municipal. Trátase do obradoiro ‘Mariquita Rosaliana’, unha sesión onde se confeccionará a figura de Rosalía recortando e logo pegando diferentes prendas típicas da vestimenta da época. O obradoiro destínase a crianzas de 8 a 12 anos e precisará de reserva previa a partir do luns 17 de febreiro, na Biblioteca Municipal de Ares.

A segunda proposta polo Día de Rosalía encherá de música o salón de actos da Alianza Aresana. O 24 de febreiro a partir das 18:00 horas, María Faltri porá voz, pandeireta e guitarra á obra da poeta en ‘Os Cantares de Rosalía’, unha sesión para gozar da poesía e das palabras. Toda unha viaxe emocional a modo de espectáculo e sincera homenaxe orientada a público familiar.

Colabora na materialización das iniciativas a Deputación da Coruña.

Lea también

Pantín, Valdoviño, acoge el III Festival de Danza Contemporánea desde la Tradición “Sobre Táboas”

El certamen que promueve el Ayuntamiento de Valdoviño bajo la dirección artística de Jaime Pablo …