Concello de Ares e Deputación da Coruña analizan a mellora turística da contorna de Ares

O consistorio de Ares acolleu esta semana o encontro que mantiveron o alcalde, Julio Ignacio Iglesias Redondo, e a concelleira de Cultura, Alma Barrón, co vicepresidente da Deputación da Coruña, Xosé Regueira, acompañado da Xefa da Sección de Turismo da institución provincial, Maite Loureiro, e equipo técnico vencellado co Plan de Sostibilidade Turística en Destino (PSTD) do Patrimonio Militar da Costa Ártabra.

Os representantes de ambas entidades puxeron en común as súas análises relacionadas co impulso de melloras na contorna da Bailadora, coordinando os esforzos e planificacións de Concello e Deputación da Coruña de cara a evitar duplicidades de financiamento en proxectos relacionados con fondos NextGeneration da Unión Europea.

De igual maneira, na reunión técnica tamén se estableceron as referencias á hora de deseñar futuros convenios de actuación, documentos fundamentais para materializar as actuacións de mellora da práctica turística na vila.

Lea también

Éxito en Valdoviño en la II etapa por la Ruta Costera tras completar las plazas disponibles

El Ayuntamiento de Valdoviño cierra inscripciones en la 2ª etapa guiada por la Ruta Costera …