Neda conmemora o Día de Rosalía con actividades varias e a acción “Pan e poesía”

O Concello de Neda súmase esta semana á conmemoración do Día de Rosalía (23 de febreiro, coincidindo co día do seu nacemento), destinado a dar a coñecer a figura e a obra da para pór en valor a figura e a obra da poetisa máis recoñecida das letras galegas. E faino cunha programación especial na biblioteca municipal. Unha oferta que incluirá actividades para o público en xeral e para a xente miúda. E como colofón, a iniciativa “Pan e poesía”.

A oferta arrinca este xoves 20 cun obradoiro de caligramas e unha sesión de xogos de mesa, dirixida a nenos de Neda de seis anos en diante. A proposta, titulada “E quen vén sendo Rosalía?”, terá lugar a partir das 18 horas, no espazo cultural municipal.

Para o venres 21, a partir das 18.30 horas, prepárase unha lectura colectiva de poemas da autora de Cantares gallegosFollas novas o En las orillas del Sar. Unha iniciativa aberta ao conxunto da cidadanía. De feito, dende o Concello faise unha chamada á participación. E solicitan ás persoas que desexen colaborar en “Unha tarde con Rosalía”, que contacten coa biblioteca (teléfono 981390233).

A programación continuará o sábado co espectáculo infantil de narración oral “Historias soñadas”. A obra de Trémola Teatro está inspirada nos versos e tamén en anacos da vida desta escritora do Rexurdimento. A proposta, que mestura poesía e música, para nenos de máis de tres anos, está fixada para as 12 horas. Está incluída no programa cultural “Lesme un conto?”.

Pan e poesía

Finalmente, o domingo, o Concello desenvolverá, coa colaboración de panaderías locais, a acción “Pan e poesía”. Así, as primeiras persoas que se acheguen a mercar o pan, emblema gastronómico de Neda, aos despachos existentes na vila recibirán, a modo de agasallo, un marcapáxinas cun poema da autora. Unha forma de espallar o coñecemento sobre a poetisa máis célebre da nosa lingua.

Lea también

Cariño se prepara para la celebración de una gran jornada festiva con fines solidarios

La Asociación Española Contra el Cáncer celebrará una comida solidaria en la Plaza Roja y …