O galego absoluto indoor deixa destacadas actuacións e importantes rexistros

A internacional do Ría Ferrol Xiana Lago, facía bos os prognósticos impoñéndose con claridade sobre un concurso de peso con 13.01 m. polos 12.50 m. de Raquel Villa e os 12.15 m. de Aitana Capeáns.

Fuente Federación Galega de Atletismo

Unha nova edición do Campionato Xunta de Galicia absoluto disputábase o domingo 2 nas pistas de Expourense baixo unha boa participación de atletas. Malia as ausencias dalgúns dos máis representativos atletas galegos na actualidade, o campionato serviu para evidenciar a incorporación e o empurre das novas figuras emerxentes do noso deporte.

En concreto os 60 m. deixaban a primeira sorpresa do campionato xa que tanto a Sub18 Paula Conde do Lucus como o Sub20 Mauro Vázquez do Vila de Cangas, lograban proclamarse campións e líderes galegos absolutos do ano con 7.74  (7.69 en semis) e 6.90 respectivamente. Xabi Lires nunha chegada moi xusta con 6.91 e Antón Riveiro con 6.97 lograban baixar tamén dos sete segundos acadando a prata e bronce.

Pola súa banda en mulleres, ata as milésimas houbo que aproximar o crono para dar o triunfo á gañadora en detrimento de Cristina Garrido da Gimnástica que lograba o subcampionato sendo o bronce para Arancha Vázquez do Ourense At.

Nos dobre hectómetro non houbo sorpresas con Andrea Pais marcando uns incontestables 25.07 que supoñen a mellor marca galega do ano con Ana Iglesias e novamente Paula Conde completando podio. Ricardo Cortizo do Celta Atletismo pola súa banda, paraba o crono en 21.70 proclamándose campión galego por diante de Xabi Lires e de Erik Fernández.

Expectación na proba dos 400 m. onde o atleta catalán Bernat Erta, participante fora de concurso, lograba a mínimia (46.75) para os Campionatos de Europa indoor de Paises Baixos ao rematar con 46.40. Por parte galega Jacobo Soler con 47.54 gañaba desta vez a partida a Jorge Román do Celta quen asinaba a prata con 47.65 sendo o metal de bronce para un excelente Alexis Migéns da Gimnástica con 48.10.

Na categoría feminina, reaparición logo duns anos de paréntese de  Paula Iglesias do Riazor quen axitaba a distancia cuns fantásticos 55.82 ante os cales non poideron facer nada nin Ana Iglesias nin a campioa galega do ano pasado Alicia Barreiro.

Sobre os 800 m. a campioa galega do ano pasado Celia Castro retivo o título nunha carreira que gañaba nuns últimos metros trepidantes con 2:10.61. Pola súa banda Fernando Vales do At. Santiago, nun excelente comezo de tempada, facía o propio baixando dos dous minutos para rematar en 1:49.63.

Sensacional David de la Fuente que se convertiría nun dos protagonistas do campionato ao lograr os títulos tanto dos 1.500 m. con 3:59.48 como dos 3.000 m. con 10:09.16. Xunto ao atleta de O Pino estivo novamente Fernando Vales e o Sub20 Iker Fernández nos 1.500 e Carlos Porto e Pedro Liste nos 3.000.

Sara Guedes da Atlética Lucense e Paula de la Torre sobre os 1.500 protagonizaban unha chegada de infarto na que tivo que decidir a foto finihs o triunfo da lucense compartindo idéntico crono de 4:39.28. Máis claro estiveron os 3.000 m. nos que unha Paula Fernández da Gimnástica con 10:09.16 entraba por diante dunha notoria esta tempada, Sandra Mosquera e  Begoña Dominguez.

furacán venezolano Gerson Vidal Izaguirre irrumpiu en Expourense cos triunfos nas probas de pertéga, onde estivo a piques de superar os 5.01, e nos 60 valos proba esta última na que se viu desequilibrado o plusmarquista galego dos 110 valos Hugo Pérez no último valo. Ademáis o internacional venezolano de combinadas, e integrante da selección galega medallista nos pasados campionatos de España da modalidade,  lograba  o terceiro posto en peso nun concurso que era gañado claramente polo campion galego do ano pasado Miguel Granado do Celta con 15.44.m.

Outra fantástica reaparición foi a de Teresa Rodríguez do Riazor nos 60 valos quen logo da súa maternidade, regresaba á competición para sinar un metal de prata con 9.09. O triunfo sobre esta distancia correspondeu a Aroa Martínez do Rías Baixas con 8.90 sendo o bronce para Martina Palacios.

A medallista de España indoor en altura Iria Solera do Ourense Atl. repetía título con 1.68 m. nun concurso no que a emoción estivo nos homes entre Adrián Pastoriza do At. Sada e David García do At. Santiago saltando ata os 1.93 m. pero con triunfo final para o sadense.

Dominio claro da principal favorita e atleta internacional, Manuela Blanco do Ourense At. sobre o listón de pértega logrando a mellor marca galega do ano con 3.76 m. Bea Viteri e Marina Artemia compartirían podio.

No foso de lonxitude tan só nove centímetros separaron a un extraordinario Sergio Coello da Gimnástica da mímina de participación RFEA para os Campionatos de Europa indoor de Apeldoorn. O campionato de España do 21 e 22 deste mes en Madrid, serán unha nova excelente oportunidade para o campión galego que saltaba ata os 7.76 m. por diante de Raúl Cortizo e Diego Míguez. Precisamente era este último saltador do Atletismo Sada, quen lograba o título en triplo salto con 14.78 m. por diante do plusmarquista galego absoluto Jose Palomanes e de Gonzalo Cuns.

A internacional Olaia Guisela Becerril do Super Amara Bat realizaba o mellor salto da tempada con 5.81 m. para lograr a título galego e estar no máis alto dun podio que compartía con Andrea Villaverde e por Uxía Paz. Precisamente era Uxía Paz, quen fora bronce en triplo no 2024,  a que escalaba ata o primeiro posto en Expourense cun mellor salto de 12.24 m. xunto aos 12.07 m. de Alba Martínez e os 11.68 m. de de Marina Artemia Pérez

Por último a internacional do Ría Ferrol Xiana Lago, facía bos os prognósticos impoñéndose con claridade sobre un concurso de peso con 13.01 m. polos 12.50 m. de Raquel Villa e os 12.15 m. de Aitana Capeáns.

Lea también

Baxi Ferrol última los detalles para la ida de la gran final de la Eurocup Women

El Baxi Ferrol última los detalles para la ida de la gran final de la …