A Deputación despide Madrid Fusión “cun moi bo sabor de boca”

A área de turismo da Deputación despediu Madrid Fusión cun gran éxito de afluencia en todas as súas actividades, que estiveron repletas de asistentes, así como os mostradores de todos os produtores locais que exhibiron a súa materia prima nesta cita gastronómica de referencia internacional grazas á Deputación, polos que pasou tanto público xeral como público profesional interesado nos seus produtos.

Fuente diputación de A Coruña CrisAndina_MadridFusion_Regueira

A súa participación en Madrid Fasión permitiulles aos produtores “non so darnos a coñecer senón tamén cerrar importantes acordos comerciais”, sinalaron. Ademais, todos destacan as “sinerxías” que se fan entre eles, o que favorece non so a amplificación dos seus proxectos senón tamén as oportunidades de negocio. “Cando nos visita algún distribuidor, presentámoslle ao resto dos compañeiros, e viceversa”, explicaban. “E non só iso; de repente, ocórresenos misturar as patacas de Bonilla co chourizo de Chichalovers e ofrecer unha combinación única aos asistentes; son cousas que suceden nesta xa familia de ‘A paisaxe que sabe’”.

Fuente diputación de A Coruña CrisAndina_MadridFusion_Regueira

Shocookings de  Luís Veira (Árbore da Veira), Beatriz Sotelo (Illas Gabeiras), Fabián Mouzo (O Camiño Fala), o cociñeiro portugués Hélio Loureiro e Álvaro Victoriano (Grupo Peculiar); degustacións, presentacións e catas de A Conserveira, empanadas Ternura, A Despensa d`Lujo, Cafés Aruba, San Isidro Bakery, Queixo Galmesán, Chichalovers, queixos da DOP Arzúa – Ulloa e relatorios de Luís Paadín sobre os viños coruñeses foron as máis de 30 actividades que formaron a programación da Deputación en Madrid Fusión nun stand que tamén contaba con mostradores de exposición permanente para San Isidro Bakery, Empanadas Ternura, Bonilla a la vista, Chichalovers, A Conserveira e A Despensa d´Lujo.

“A nosa presencia en Madrid Fusión, un dos congresos gastronómicos máis relevantes do Estado, responde ao noso compromiso coa posta en valor de toda a cadea agroalimentaria da provincia, e garda tamén unha relación moi directa coa nosa nova campaña ‘A paisaxe que sabe’. Esta aposta pola nosa gastronomía como principal destino turístico, a través dos produtores e produtoras locais que están facendo un traballo excepcional e tamén dos restaurantes que están sendo recoñecidos internacionalmente, permítenos reforzar a mensaxe de que a nosa tradición, identidade, sector, patrimonio… que se reflexan tanto na paisaxe como na gastronomía son a nosa mellor marca” apuntaba o vicepresidente, Xosé Regueira.

Fuente diputación de A Coruña CrisAndina_MadridFusion_Regueira
Fuente diputación de A Coruña CrisAndina_MadridFusion_Regueira

Para a Deputación, engadía Regueira, “é fundamental o acompañamento por parte de produtores e produtoras locais a citas tan relevantes como Madrid Fusión. Deste xeito contribuímos a que abran mercado nestes eventos aos que seguramente non poderían acceder se non fora a través do noso stand. A nosa estratexia turística pasa pola xeración dun impacto socioeconómico e medioambiental positivo na contorna, impulsando a xeración de riqueza local, a fixación de poboación no rural, as iniciativas de emprendemento xuvenil… E todo iso facémolo en feiras como esta e por suposto, coa campaña ‘A paisaxe que sabe’”.

Lea también

La ciudad departamental edita «Gonzalo Torrente Ballester, un gallego de Ferrol»

El Ayuntamiento de Ferrol edita, en colaboración con la Xunta de Galicia y la Diputación …

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *