Psoe Ferrol presenta no pleno unha serie de rogos e preguntas

O grupo socialista de Ferrol leva ó Pleno una serie de rogos de preguntas. Unha delas versa sobre a candidatura de Ferrol a Patrimonio Mundial.

«O inicio do traballo e tramitación da candidatura de Ferrol a Patrimonio Mundial cumpre un cuarto de século; vintecinco anos nos que os gobernos municipais teñen apoiado, en maior o menor medida e con máis ou menos acerto, ás persoas e aos equipos encargados de elaborar o expediente».

«Despois de que no mandato 2011-2015 se producira unha parálise do mesmo, coincidindo coa falta de apoio da Xunta de Galicia, o goberno de Jorge Suárez retomou o tema, dando un pulo ao expediente. Pero foi no pasado mandato de Ángel Mato cando se asumiu o remate do expediente, por unha banda, e a promoción e difusión do mesmo de cara a acadar o apoio cidadán e un sentimento de identidade vencellado á candidatura, por outro, cando verdadeiramente se tomou a consecución desta distinciónpor parte da Unesco como obxectivo prioritario e unha das patas do proxecto de cidade».

«Coa Xunta apoiando publicamente, pero sen achegar nin un euro nestes 25 anos debido a que a súa aposta e a candidatura de Ribeira Sacra, e a Deputación como única administración realmente involucrada, o goberno local de Rey Varela levaba 18 meses sen impulsar iniciativa ningunha neste eido. Co contrato de remate do expediente coordinado polo experto internacional Alfredo Conti suscrito en abril de 2023, as accións de promoción xa deseñadas, e a creación e comezo do traballo dun grupo de xestión formado por Concello, Xunta e Armada, o PP non fixo absolutamente nada, agás o festival ilustrado, ata agora, coincidindo cun novo convenio suscrito coa Deputación Provincial por un importe de 100.000 euros».

«É agora cando reúne, porque así o recomenda unha das accións dese convenio, ao grupo de xestión, ao que, obviamente, suma á institución provincial, e cando vai organizar actividades de rúa, tamén porque así se inclúen nese acordo, despois de ano e medio de parálise nestas tarefas de difusión».

En todo caso, o grupo municipal socialista apoia todas as accións que vaian nesa liña e, por iso, pregunta o seguinte:

«¿Cal é a folla de ruta, coas achegas de cada unha das administracións implicadas e as accións e actividades previstas, que manexa o grupo de goberno e os prazos para presentación da candidatura ante a Unesco?»

Asimesmo, Psoe Ferrol presenta outra cuestión que versa sobre a demolición de nave provisional do mercado de A Magdalena

«O Grupo Socialista, amparado polo artigo 59.7 do Regulamento Orgánico Municipal do Concello de Ferrol, presentación a seguinte pregunta para ser contestada na sesión plenaria do día 30 de xaneiro de 2025»:

«O pasado 9 de xaneiro solicitamos vista e/ou copia do expediente relativo a aprobación na Xunta de Goberno Local do pasado 23 de decembro do 2024 da seguinte proposta «-Propuesta de no imposición de penalidades a la contratista Prace y Servicios y obras  S.A en el contrato de las obras comprendidas en el proyecto básico y de ejecución de demolición de la nave provisional del mercado de A magdalena y mejora del espacio urbano, así comola regeneración urbana dentro delámbito del paseo tunel-cuesta de Mella-mercado de Ucha»

«Tendo en conta que a negativa ten que ser motivada, e o silencio administrativo é positvo no prazo de 5 días, que problema existe para que a data de hoxe non nos compartiran o expediente?»

O Grupo Socialista presenta unha terceira cuestión sobre a feira municipal de voluntariado

«O voluntariado é dos principais valores que ten unha sociedade. Nos últimos anos, temos visto a importancia das persoas que agasallan aos máis vulnerables co seu tempo e axuda en situacións tan complicadas como foi a covid ou, xa máis recentemente, coa DANA en Valencia».

«Por iso, as administracións, ás que moitas veces suple este voluntariado, debe garantir unha boa formación destas persoas, así como debe axudar na medida das súas posibilidades no seu traballo, ademais de difundir este traballo que fan entidades e persoas voluntarias».

«En Ferrol existe unha Oficina Municipal de Voluntariado, un servizo de Protección Civil exemplo epara toda Galicia, así como numerosas entidades sociais que contan cun inxente número de voluntariado. E precisamente para poñer todo isto en valor, dalo a coñecer e tamén para poder incrementar o número de voluntarios e voluntarias nestas asociacións, o goberno socialista, atendendo ademais unha petición emanada do Consello Sectorial de Benestar Social, organizou en decembro de 2021 a primera edición de Feira Municipal de Voluntariado de Ferrol,que se celebrou baixo aíndas restriccións pola covid, no Cantón. Malia as dificultades, a feira foi un éxito e, para mellorala, en 2022 desenvolveuse na carpa de Nadal da praza de Armas».

«Esta feira naceu con vocación de permanecer no tempo e así o piden algunhas entidades, para as que o evento supoñía unha oportunidade para darse a coñecer e mesmo sumar sinerxias con outras asociacións participantes».

«Pero, lamentablemente, neste ano e medio de goberno, e malia as nosas peticións dende o primeiro momento, o Partido Popular paralizou esta iniciativa».

«Por todo iso, ROGAMOS ao goberno municipal que retome esta feira e a promova de forma inmediata», conclúen

Lea también

La oposición en Ferrol y Queremos Galego presentan una moción «en defensa de la lengua gallega»

Los tres grupos en la oposición en el Ayuntamiento de Ferrol, PSOE, BNG y Ferrol …

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *