Formoso destaca o investimento do Goberno en infraestruturas no Corredor Atlántico

Formoso destaca que o investimento do Goberno en infraestruturas no Corredor Atlántico impulsa “o carácter exportador de Galicia” e “consolida a base do crecemento da economía”

Fuente Diputación de A Coruña

O Pazo de Mariñán acolleu a presentación esta semana dos últimos avances do Corredor do Atlántico correspondentes ao Plan Director en Galicia. O presidente da Deputación da Coruña, Valentín González Formoso, exerceu de anfitrión e clausurou un acto no que participaron o secretario de Estado de Transportes y Movilidad Sostenible, José Antonio Santano; o comisionado do Goberno para o Corredor Atlántico, José Antonio Sebastián, que deron conta da evolución das actuacións executadas e programaddas para desenvolver as infraestruturas e mellorar a conectividade e o transporte de mercadorías e persoas na nosa comunidade.

Ao encontro asistiron tamén presentes representantes do Goberno autonómico, organizacións empresariais, autoridades portuarias, empresas e cámaras de comercio, así como outros representantes económicos, institucionais e sectoriais.

Durante a súa intervención, Valentín González Formoso destacou que as “as infraestruturas son a palanca dunha mellor economía. Por iso, o dato adiantado hoxe polo INE, do crecemento do 3,4 do PIB en España no 2024 ten moito que ver cos investimentos como estes. Sobre todo porque son investimentos que consolidan a base do crecemento da economía, neste caso a galega”.

Galicia é a porta de entrada e saída de mercancías cara América e eue Galicia sexa competitiva grazas ás súas infraestruturas portuarias significa que axuda a España a ser aínda máis competitiva nun ámbito económico tan importante como son as relacións transfronteirizas con América”, destacou o presidente provincial, para quen “ver que estes máis de 4.500 millóns de euros se invisten en Galicia indica que ese carácter exportador e esa fortaleza económica de Galicia vaise ver impulsada grazas á aposta do Goberno de España”.

O presidente recoñeceu que “as achegas nunca son suficientes”, polo que “non debe sorprender que cando se presenta o Plan Director todo o mundo se busque no mapa”. Sen embargo, apuntou que é preciso observar os datos con perspectiva para entender que nos atopamos “nun momento histórico de investimentos” e agradeceu que o Ministerio elixira o Pazo de Mariñán como sede deste importante encontro co sector empresarial galego.

Fuente Diputación de A Coruña

O Corredor Atlántico en Galicia

O Plan Director do Corredor Atlántico en Galicia programa un investimento de 4.561 millóns de euros ata 2030 para desenvolver as súas liñas. Desta cantidade total, 3.059 millóns corresponden a actuacións incluídas pola Unión Europea na rede básica. Mentres,1.502 millóns restantes representan as actuacións contempladas na rede global, previstas ata o 2050 pero que o Goberno de España decidiu anticipar ao 2030.

Entre as actuacións de maior relevancia na nosa provincia destacan a conexión ferroviaria do porto exterior da Coruña, que no 2026 estará unido por tren co porto interior grazas aos máis de 5 quilómetros de túneles que se están a construír, as melloras no eixo ferroviario Santiago-Ourense-A Gudiña, investimentos en aeroportos e actuacións en vías como a A-55, a AC-11 (avenida de Alfonso Molina da Coruña) e a AP-9. A nivel urbano, destacan a remodelación e urbanización das estacións intermodais de Santiago de Compostela e A Coruña.

Precisamente o comisionado do Goberno, José Antonio Sebastián, destacou a transcendencia das actuacións nas diferentes infraestruturas ferroviarias, viarias, portuarias e aeroportuarias como factor decisivo para desenvolver a intermodalidade en Galicia.

Fuente Diputación de A Coruña

Pola súa banda, o secretario de Estado de Transportes y Movilidad Sostenible, José Antonio Santano, puxo en valor a transcendencia deste encontro, punto de partida do grupo de traballo creado polo Ministerio para axilizar os investimentos do Corredor Atlántico en Galicia. Dito grupo de traballo está presidido por Santano e ten en conta as aportacións dos diferentes axentes económicos e sociais da comunidade á hora de estudar e concretar posibles actuacións dentro do plan do Corredor Atlántico.

O Corredor Atlántico é un dos nove corredores que compoñen a rede transeuropea de Transportes (TEN-T) para unir a 27 países. O Corredor trátase dunha infraestrutura composta por transportes de estrada, ferrocarril, portuarios, aéreos, fluviais e multimodais para dar servizos a persoas e mercancías.

Lea también

La Diputación de A Coruña destina 900.000 euros a la limpieza de playas de 40 ayuntamientos de la provincia

El Boletín Oficial de la Provincia de A Coruña ha publicado este miércoles la concesión …

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *