Daniela Laya e Adolfo Saínz-Maza, campións galegos de combinadas indoor

Fuente Federación Galega de Atletismo

Daniela Andrea Laya do Riazor Coruña con 2.616 puntos e Adolfo Saínz Maza do Celta Atletismo con 5.008, proclamáronse esta pasada fin de semana campións galegos absolutos de probas combinadas na edición desenvolta en Expourense.

Xunto á gañadora, estiveron no podio Candela Vázquez do Atletismo Sada con 2.621 p. e Rebeca Gonzalez do Rías Baixas con 2.610 p. nunha proba gañada pola atleta de Portugal do Celta Atletismo Celina Díaz con 3.616 puntos.

O podio da categoría masculina estivo formado por parte dos integrantes que lograron o pasado mes de xuño en Arganda del Rey a medalla de bronce no Campionato de España por Seleccións mixtas. Asi xunto ao gañador, estiveron nese caixón de honra Xoel Otero do A.A. Mazí sumando 4.889 puntos, ocupando o terceiro posto o internacional Gerson Vidal Izaguirre con 4.292, atleta este que non poido rematar a última proba dos 1.000 m.

As mellores probas para os gañadores deste autonómico corresponderon aos valos, onde lograban sumar un maior número de puntos.

No resto de categorías os gañadores na Sub23 foron Lucía Sánchez do Celta Atletismo con 2.482 puntos e Samuel Fernández da Gimnástica con 2967, e na Sub20 repetía podio a  campio absoluta, Daniela Andrea Laya, e Diego Martínez do Vila de Cangas con 4.514 puntos.

Fuente Federación Galega de Atletismo

Campionato Xunta de Galicia de Combinadas Máster

De maneira paralela, fóronse desenvolvendo tamén as distintas probas correspondentees ao Campionato Xunta de Galicia de probas combinadas para as categorías máter que nos deixaban os seguintes novos campións e campioas galegas desta edición:

Pentatlon feminina

  • Categoría 40-49: Belén Iglesias (La Purísima) con 2.336 puntos
  • Categoría 50-59. Purificación Cariñena (Millaraio) con 2.195 puntos

Pentatlon masculina

  • Categoría 35-49: Victor José Méndez (Rías Baixas) con 2.836 puntos
  • Categoría 50-59: Juan Luis Paz (At. Sada) con 3.440 puntos
  • Categoría 60-69: Carlos Ferrer (Samertolameu) con 3.557 p.

Lea también

Presencia de la cantera racinguista en el Campeonato Gallego

Dieciséis futbolistas de la cantera del Racing de Ferrol compitieron con las selecciones comarcales. Varios …