Celebración do Campeonato de probas combinadas indoor

Un total de trinta e dous atletas en representación de vintedous clubs, tomarán parte esta fin de semana no Campeonato Xunta de Galicia de probas combinadas indoor para as categorías absoluto, máster Sub23 e Sub20 VII Máster en Pista Curta.

Fuente Federación Galega de Atletismo

Entre a relación de participantes destaca a presenza do internacional venezolano Gerson Vidal Izaguirre quen acredita unha MMP de 7.827 puntos e que entre outros títulos, conta co campionato Iberoamericano e varios metais nos Xogos Sudamericanos, sendo ademáis, un dos asiduos da Selección Galega nos seus distintos compromisos.

Xunto ao «galego de adopción», o internacional lucense Adolfo Sáinz Maza do Real Club Celta, quen xunto ao biolímpico David Gómez é o unico galego de orixe que superou a barreira dos sete mil, defenderá sobre o sintético cuberto de Expourense o seu título colleitado do ano pasado.

Especial atención de igual modo a presenza e participación dos campións galegos, Xoel Otero do A.A.Mazí quen debuta na categoría Sub23 logo de proclamarse campión galego Sub20 na pasada edición. Aitor Fernández do Super Amara Bat na Sub23, intentará repetir  o título do 2023, sendo na categoría feminina Sub20 Carmen García do Maderas Barcia Lourenzá, a favorita ao título.

No resto de categorías máster, o medallista nacional Juan Luis Paz do Atletismo Sada estará participando na categoría M50 ao igual que Purificación Cariñena do Millaraio. Outro dos medallistas estatais Carlos Ferrer do Samertolameu, tomará parte na M60 e Julio Escolante do Atletismo Sada, fará o propio na M65.

O campionato autonómico dará comezo ás 10:00 horas da mañán do sábado 18 alongándose ata as 15:25 horas do domingo 19 (ExpoOurense).

Lea también

Un centenar de escolares inician a campaña de esquí de A Deputación da Coruña

Un centenar de nenos dos concellos de Abegondo, Aranga, Bergondo, Betanzos, Boimorto, Cabanas, Coirós, Curtis, …

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *