Narón entrega bolsas reutilizables á Agrupación de Libreiros de Ferrolterra para promocionar o sector

A concelleira de Promoción Económica de Narón, Olga Ameneiro, entregou a José Antonio Martínez, presidente da Agrupación de Libreiros de Ferrolterra, un millar de bolsas que un total de sete librarías entregarán dende esta semana á clientela polas súas compras.

A edil naronesa indicou que participarán na convocatoria as librarías adheridas á citada agrupación. “Merca nas librarías do teu barrio” é o lema que xunto co de “Protexamos as librarías de barrio. Protexamos o medio ambiente” se poden ler nas bolsas, reutilizables, de cor branca e co deseño en azul.

Dende a Agrupación de Libreiros de Ferrolterra agradeceron a colaboración do Concello coa entidade, ao igual que xa se fixo en anteriores ocasións, co fin de colaborar co sector e de promocionar a venda nos pequenos comercios das nosas cidades.

Lea también

O IVTM pódese abonar en Narón en período voluntario ata o vindeiro 16 de xuño

O Boletín Oficial da Provincia publicou este luns 31 de marzo o anuncio da Deputación …