A Deputación inicia o Plan de Recuperación das Baterías Militares de Ferrolterra

A Deputación de A Coruña inviste 1 millón de euros nesta primeira fase, aos que suman outros 2 millóns concedidos polo Goberno de España para desenvolver o PSTD das baterías de costa, que avala e reforza a aposta da Deputación.

Fuente Diputación de A Coruña

O presidente da Deputación da Coruña, Valentín González Formoso, asina cos alcaldes de Ares, Julio Iglesias, e Valdoviño, Alberto González, os convenios para a posta en marcha da primeira fase do Plan de Recuperación das Baterías Militares de Ferrolterra.

Os convenios regulan a encomenda da xestión por parte de ambos os dous concellos, titulares das baterías de Bailadora (Ares) e Campelo (Valdoviño), á Deputación da Coruña para a redacción dos proxectos e as obras dunha primeira fase do plan.

Fuente Diputación de A Coruña

A Deputación da Coruña investirá nestas intervencións iniciais un total de 621.420 euros. Por unha banda, o acondicionamento do entorno da batería de Bailadora de Ares conta cun investimento inicial de 355.242,60 euros para a redacción e a execución dos primeiros traballos na zona. No caso da batería de Campelo, en Valdoviño, o orzamento é de 266.177,40 euros.

Fuente Diputación de A Coruña

A maiores destes dous convenios, a Deputación da Coruña asinará proximamente un terceiro co Concello de Ferrol para a recuperación das baterías de Monteventoso e o seu entorno, que completará o millón de euros de financiamento anunciado para esta primeira fase do proxecto de recuperación.

“Hoxe damos os primeiros pasos dun proxecto moi ambicioso de recuperación do patrimonio da costa de Ferrolterra, que se vai a desenvolver en varias fases porque se trata dun investimento moi importante para a recuperación destes espazos. Un proxecto que pretende recuperar o esplendor destes antigos emprazamentos militares da comarca de Ferrolterra e convertelos en importantes atractivos turísticos”, apuntou o presidente da Deputación da Coruña.

campelo-archivo

Unha referencia en Europa no vindeiro lustro

“Ares, Ferrol e Valdoviño forman parte dunha pantalla defensiva creada a principios do século pasado, na que centos de persoas fixeron un esforzo enorme na súa construción, e que teñen un valor histórico intrínseco moi recoñecido a nivel internacional, tal e como vimos no congreso que organizamos en Ferrol sobre esta materia, pero que aquí foi progresivamente abandonado polas distintas administracións”, afirmou Formoso, que incidiu en que nunha primeira fase desenvolveranse, ademáis da redacción dos proxectos, traballos de desbroce, acondicionamento e recuperación dos accesos, recuperación de parte das estructuras e sinalización.

Formoso sinalou que “a Deputación aspira a que sexa un proxecto de referencia en Europa no vindeiro lustro” e pediu a colaboración da Xunta, que ten as competencias en materia de Patrimonio e Cultura, “na medida que poida. Non se trata de pór deberes a ninguén, senón que é unha cuestión de implicación”.

A maiores deste millón de euros de investimento contemplado na primeira afse do proxecto, a Deputación da Coruña obtivo 2 millóns máis do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia do Goberno de España para desenvolver o Plan de Sustentabilidade Turística en Destino (PSTD) das baterías de defensa de Ferrolterra. Esta concesión avala e reforza o proxecto da institución provincial para a rehabilitación das baterías de defensa da costa de Ferrolterra e a súa dinamización como destino turístico sustentable e que xerará novas oportunidades económicas no territorio.

Entre as propostas de actuacións a desenvolver con cargo ao PSTD inclúese a recuperación do observatorio meteorolóxico de Monteventoso, a creación do aparcadoiros disuasorios no acceso ás baterías, a adecuación do firme de acceso ás baterías militares con zona para peóns e ciclistas, a sinalización de camiños ciclables, a mellora do alumeado eficiente no centro histórico de Ferrol e no entorno das infraestruturas do patrimonio militar, a creación dunha páxina web e un mapa virtual cos recursos turísticos, a recuperación e limpeza do baluarte de San Xoán, o desenvolvemento de ferramentas dixitais sobre o patrimonio histórico do centro de Ferrol e as baterías militares da Costa Ártabra e a rexeneración de zonas verdes e parques públicos.

Lea también

«Descoordinación», mal estado y remolcadores que no llegaron a tiempo llevaron al ‘Blue Star’ a encallar en Ares

El quimiquero, que estuvo 17 días embarrancado, navega actualmente con el nombre cambiado a ‘Blue …

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *