Valdoviño entrega os premios do IV Concurso de Decoración de Nadal

A contorna da Frouxeira acollía esta tardiña o acto de entrega dos premios do IV Concurso de Decoración de Nadal organizado polo Concello de Valdoviño.

A concelleira de Cultura, Rosana García, e o edil de Infraestruturas Viarias, Germán Gómez, foron os encargados de entregar os vales canxeables no comercio e hostalería locais aos premiados e premiadas, que posaban ao remate do acto para a fotografía de familia.

Despeluxada e a Carnicería do DIA ocupaban o 1º e 2º posto respectivamente do ránking na modalidade de tecido empresarial; a asociación de veciños de Porto do Cabo e a ANPA Beiramar o 1º e 2º lugar respectivamente na modalidade veciñal conxunto paisaxístico; Victoria Hermida e Carlos Grandal, 1º e 2º posición respectivamente na modalidade veciñal xardíns e peches, e Verónica Guillén e Irene Casal, 1º e 2º posto respectivamente na modalidade veciñal balcóns, portas, fiestras e fachadas.

O centro de estética Bea Cobelo facíase co premio do xurado popular tras gañar en votos nas votacións cursadas a través das redes sociais municipais.

Lea también

Neda acolle o luns día 2 un obradoiro gratuíto sobre alimentación saudable

Preto de 30 persoas confirmaron inscricións no obradoiro de alimentación saudable que o Concello de …