Narón instala catro buzóns de Correo Real

Os nenos de Narón que queiran deixar nos buzóns de Correo Real da cidade as súas cartas aos Reis Magos de Oriente poderán facelo, ata o vindeiro 4 de xaneiro no Concello, na Biblioteca Municipal, no Complexo polideportivo municipal da Gándara e no Pazo da Cultura.

A edil de Festas, Mar Gómez, animou aos menores a utilizar estes buzóns para que teñan canto antes as cartas os Reis Magos, e recordou que visitarán a cidade o vindeiro 5 de xaneiro. A Cabalgata sairá ás 18:00 da praza do colexio de Xuvia e percorrerá a estrada de Castela ata chegar á Praza de Galicia, onde terá lugar a recepción oficial para, posteriormente, falar cos nenos que se acheguen.

Lea también

Abre o prazo de recollida de propostas sobre dúas normas xurídicas do Plan Normativo a través da plataforma Narón Participa

O proceso de definición de dúas normas xurídicas incluídas no Plan Normativo de Narón para …