Ares celebra o XIII Festival de Panxoliñas

O Festival de Panxoliñas, un evento que camiña cara a súa décimo terceira edición para reafirmar o seu carácter tradicional na vila nestas datas de Nadal.

Así, este domingo 22 de decembro a partir das 18:00 horas a Igrexa de San Xosé de Ares converterase nun escenario musical moi particular polo que pasarán o coro parroquial, a banda da Asociación Cultural Xábrega, a Rondalla  Trovadores de Ares e o grupo veciñal de Son de Troula.

Coas súas melodías, Ares volverá a reafirmar a súa riqueza musical e cultural con pezas populares, enfatizando ademais a importancia das obras corais nas cancións tradicionais navideñas.

Lea también

Miño acolle este sábado a 8º edición da feira Primavera no Camiño Inglés

O Concello de Miño acolle esta sábado 31 de maio, a VIII edición da feira Primavera …