Campionato de Dúatlon por equipos de Narón

O concelleiro de Deportes de Narón, Ibán Santalla, e Javier Campos, representante da Federación Galega de Tríatlon (Fegatri) anunciaron que unha vintena de equipos participarán este domingo 22, no Campionato de Dúatlon por equipos de Narón. O Concello colabora coa Fegatri, a Secretaría Xeral para o Deporte e a Agrupación Deportiva Náutico de Narón na organización deste evento.

O campionato dará comezo ás 11:00 horas, para realizar un percorrido de dous quilómetros de carreira a pé; 4,8 quilómetros de ciclismo e outros quilómetro de carreira a pé. Na proba en equipos contra o reloxio haberá en cada equipo entre catro e seis deportistas, tal e como se indicou dende a organización.

A proba desenvolverase en viais do polígono de Río do Pozo, concretamente ás rúas Carboeiros, Mariñeiros, Cesteiros, Mariscadores e Panadeiros.

Ao remate do evento deportivo haberá trofeos para os tres primeiros equipos masculinos e femininos e para os tres primeiros equipos da proba open escolar.

Lea también

La AECC instala en el CC Odeón de Narón un punto de inscripción para la XIII edición de ‘Ferrol en marcha contra o cancro’ 

La Plaza Redonda del Centro Comercial Odeón acoge este lunes y mañana un punto de …