Variada oferta de ocio do programa Nadal en Narón

As primeiras viaxes do Navitrén, a XIV Xornada Moteira Solidaria e o inicio do programa Tardes Xuvenís forman parte da oferta do programa Nadal en Narón para esta semana. 

Navitrén

A primeira das propostas, o Navitrén, estará operativo os días 21, 22, 23, 26, 27, 28, 29 e 30 de decembro e tamén os días 2, 3 e 4 de xaneiro do vindeiro ano. Os nenos interesados en realizar as viaxes (sete por día), poden recoller os tickets nos comercios adheridos á Asociación de Comerciantes de Narón.

As viaxes do Navitrén arrancarán da estrada de Castela (nas inmediacións do Concello), en horario de mañá e tarde. As saídas das 12:00 e 13:00 horas serán cara á parroquia de Xuvia, ata o colexio Ponte de Xuvia, mentres que as da tarde, de 16:00 a 20:00 horas incluído, cada hora, serán cara á zona da Gándara. A Asociación de Comerciantes de Narón colabora co Concello de Narón nesta iniciativa de Nadal, un dos clásicos nas propostas de lecer da cidade durante estas datas.

Tamén na xornada do sábado recibirá a cidade a visita de Papá Noel, que chegará nunha moto das participantes na XIV Xornada Moteira Solidaria. A saída dos moteiros está prevista para as 16:30 horas das inmediacións da Praza de Galicia, para realizar un percorrido por varias rúas da cidade e chegar con Papá Noel sobre as 17:15 horas á Praza de Galicia.

Dende o Consistorio animouse ás moteiras e moteiros a participar, vestidos para a ocasión. Así mesmo, incidiuse no feito de que as motos non poderán aparcarse na Praza de Galicia, senón que terán que facelo, en batería, polas rúas 25 de Xullo e 10 de marzo, nas inmediacións da citada praza. Unha vez alí, os nenos poderán conversar con Papá Noel e desfrutar de varias propostas de animación baixo a carpa que se instalará na Praza de Galicia. Alí colocarase tamén un colector para que as persoas que poidan realicen algunha doazón de alimentos non perecedoiros ou produtos de limpeza e hixiene, xoguetes… para o Centro de Recursos Solidarios de Narón.

E o programa Tardes Xuvenís, para mozas e mozos de 12 a 16 anos, comezará tamén este sábado na Casa da Mocidade, ofrecendo numerosas propostas en horario de tarde, de 17:30 a 20:30 horas esta fin de semana e tamén os días 23, 24, 26 e 27 deste mes.

Lea también

70 postos participan no “XV Mercado de 2ª man” en Narón, Sedes

A décimo quinta edición do “Mercado de 2ª man” organizado polo Concello de Narón celebrarase …

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *