Pilar Lozano Yáñez foi elixida responsábel comarcal do BNG

O BNG continúa o proceso de renovación dos seus organismos de dirección despois da celebración da XVIII Asemblea Nacional o pasado día 1 de decembro. O xoves 12, o BNG celebrou a súa Asemblea comarcal no centro cívico de Caranza, en Ferrol, para elixir os seus órganos de dirección comarcais: Responsábel, Executiva e Consello.

Pilar Lozano Yáñez, natural de Mandía (Ferrol), grado en Relacións Laborais e vinculada profesionalmente ao mundo da economía social desde hai anos, encabezou a única candidatura presentada e que obtivo o respaldo unánime da  Asemblea.

Pilar Lozano Yáñez

No seu discurso de peche agradeceu o traballo realizado por todas as persoas que a precederon no cargo, salientando que deixaron o listón moi alto, con un BNG en cifras nunha acadada de apoios na nosa comarca. E agradeceu tamén a confianza e a boa disposición de todas as persoas que a acompañarán nas labores de dirección.

A nova responsábel marcouse como obxectivos inmediatos da nova executiva fortalecer a organización ampliando a base militante e facéndoa máis participativa, e avanzar na consolidación do BNG como alternativa política ao Partido Popular na Galiza, poñendo o foco nas eleccións municipais de 2027.

Ademais das 15 persoas da Executiva outras 10 persoas conforman o Consello comarcal até un total de 25 persoas ás que aínda se sumarán, despois, as persoas elixidas polas diferentes localidades como responsábeis locais, e que forman en conxunto o máximo órgano de dirección do BNG na comarca de Ferrolterra.

Lea también

Sequeiro toma el relevo como sede de la XXII Muestra de Asociaciones de Valdoviño

Está organizada por las entidades vecinales, culturales y deportivas, con la colaboración del Ayuntamiento y …