David Fernández e Ana Belén González gañadores do Memorial Volta á Ría-Adolfo Ros

Nun tempo de 1h:07:52 e de 1h:29:45 remataron esta trixésimo oitava edición do Memorial Volta á Ría-Adolfo Ros David Fernández Ginzo e Ana Belén González Margaride, os primeiros en cruzar o arco da meta deste evento deportivo organizado polos concellos de Narón, Ferrol, Neda e Fene.

Ás 10:00 horas o concelleiro de Deportes, Ibán Santalla, daba a saída da categoría absoluta e posteriormente das Sub 18 e sub 16; sub 14 e sub 12; sub 10; sub 8 e a de peques e discapacidade –participaron persoas da Asociación Española Familia Ataxia Telangiectasia-, nas que se inscribiron un total de 800 persoas.

Despois de cruzar a meta David Fernández (Valdés), na categoría absoluta masculina chegaron Juan Rejas Gabeiras (Club Tríatlon Ferrol) e Andrés Campos Guerrero (Rota). Na categoría absoluta feminina, tras Ana Belén González Margaride (Bergonte), chegaron Inés Iglesias Hervella (A Coruña) e Helena Peñas González (Opa Ferrol Team Running).

Os resultados desta proba ao completo poden consultarse a través da web: https://www.carreirasgalegas.com/results/xxxviii-memorial-adolfo-ros-volta-ra/ypld57mR.

O alcalde accidental de Narón, Manuel Ramos, e o concelleiro de Deportes naronés entregaron os premios das probas de menores, media maratón e absoluta, así como os gañadores dos catro concellos.

O acto desenvolveuse ao mediodía nas instalacións do Auditorio municipal, na praza de Galicia, e nos mesmo participaron tamén o edil de Deportes de Ferrol, Ricardo Aldrey; o primeiro tenente de alcalde de Neda, Ángel García; o alcalde e o edil de Deportes de Fene, Juventino Trigo e Adán Chao e a filla de Adolfo Ros, Sabela Ros, á que tamén se lle entregou un ramo de flores pola súa implicación con esta proba e en recoñecemento á figura do seu pai que perdeu a vida salvando a uns mozos na praia de Doniños.

Dende o Concello de Narón agradeceuse ademais a colaboración da Garda Civil, axentes da policía local dos concellos implicados na proba e tamén voluntariado de Protección Civil, persoal sanitario e demais persoas que fixeron posible o correcto desenvolvemento deste evento deportivo.

Lea también

Lectura en Ferrol del manifiesto por el Día Internacional de las Personas con Discapacidad

El salón de recepciones del Ayuntamiento de Ferrol acogió en la mañana de este martes …

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *