Alumnos da EPEF asisten ó II Encuentro Ibérico de Jóvenes Ingenieros en Lisboa

Un total de 12 estudantes do máster en Enxeñaría Industrial, titulación que se imparte na Escola Politécnica de Enxeñaría de Ferrol (EPEF) da Universidade da Coruña (UDC), asisten hoxe mércores 20 e este xoves 21 de novembro, ao II Encuentro Ibérico de Jóvenes Ingenieros que está a ter lugar en Lisboa da man do Grupo de Jóvenes Ingenieros de la Ordem dos Engenheiros e da Unión Profesional de Colegios de Ingenieros (UPCI).
 
 
Ao longo destas dúas xornadas, o público asistente debaterá sobre diversos temas de interese tanto para España como para Portugal tales como a enerxía na Península Ibérica, o futuro da mobilidade e a infraestrutura ou a xestión sustentable da auga.
 
A viaxe do alumnado do Campus Industrial de Ferrol á capital portuguesa materializouse grazas ao apoio do Colexio Oficial de Enxeñeiros Industriais de Galicia (Icoiig). De feito, o seu delegado en Ferrol e profesor na Escola Politécnica de Enxeñaría, Javier Bouza, está a acompañar ao estudantando nestas xornadas

Lea también

La AXF en el Wedding Pack Solidario » Cásate no Camiño»

Este pasado fin de semana la Asociación de Persoas Xordas de Ferrolerra (AXF), participó en …