Novo curso en Narón de operador de carretillas e plataformas elevadoras-PEMP con certificado UNE

As persoas interesadas poderán anotarse ata o 21 de novembro, incluído, tal e como indicou a concelleira de Formación, Natalia Hermida.

A concellería de Formación, dirixida pola edil Natalia Hermida, convocou un novo curso de Operador/a de carretillas e plataformas elevadoras-PEMP con certificación UNE, que pechará a programación deste ano do Programa Municipal de Formación.

A convocatoria diríxese a persoas maiores de 18 anos, desempregadas e empadroadas no Concello de Narón, se ben poderán inscribirse persoas tamén maiores de 18 anos, desempregadas e empadroadas noutros concellos que accederán á acción formativa no caso de que non se cubran as prazas coas empadroadas en Narón.

Esta acción formativa conta cun total de 10 prazas e as inscricións pódense tramitar ata o 21 de novembro ás 13.30 horas. As solicitudes poderán presentarse no Rexistro Xeral do Concello, a través da Sede Electrónica de Narón ou polos restantes medios contemplados no artigo 16.4 da Lei 39/2015 do 1 de outubro do Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas.

O curso consta dun total de 50 horas (35 de certificación e 15 de módulos adicionais) e impartiranse nas instalacións do Centro Municipal de Formación Irmás Froilaz, na Gándara. As datas previstas de celebración son: do 28 de novembro ao 13 de decembro, de luns a venres entre as 9.00 e as 14.00 horas. Operador/a de carretilla elevadora UNE 58451, operador/a plataformas elevadoras móbiles de persoal (PEMP) UNE 58923, módulos transversais de sensibilización ambiental, de TICs no sector, orientación laboral e busca de emprego ou emprendemento e de perspectiva de xénero forman parte do contido destas accións formativas, que inclúen a maiores dúas charlas e dúas visitas.

O alumnado seleccionarase por rigorosa orde de inscrición e o listado provisional de admitidos, suplentes e excluídos publicarase na Sede Electrónica do Concello de Narón. O alumnado seleccionado será informado telefónicamente da súa admisión, para a confirmación da plaza e terá que comprometerse a cumprir as normas do curso, incluída a normativa en materia de seguridade e hixiene.

Para recibir máis información pódese consultar a páxina web do Concello –apartado de Formación-, a Sede Electrónica, ou contactar co Servizo Sociocomunitario Municipal no teléfono 981 337 700 (extensións 1108 e 1109).

 

Lea también

Constatan al menos cuatro enterramientos clandestinos en las excavaciones en el cementerio de O Val, en Narón

Localizados restos de otros ocho cuerpos que deberán de ser analizados para constatar este trabajo …

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *