Valdoviño intégrase na rede de salas do Ciclo Mestre Mateo

Valdoviño intégrase este ano na rede de salas do Ciclo Mestre Mateo para acoller a proxección dalgunhas das películas finalistas dos prestixiosos premios. Así, o público ten unha dobre cita esta semana cos pases da longametraxe «Fatum», este venres ás 20:30 horas, e do documental «A viaxe de Lucy», o domingo ás 18:00 horas.

Nos dous casos, no auditorio da casa da cultura, con entrada de balde ata completar aforo.

As dúas cintas acapararon diversas nominacións na última edición dos galardóns do audiovisual galego. No caso de «Fatum», está dirixida a un público maior de 12 anos. A película dirixida por Juan Liñares conta cun reparto de luxo encabezado por Luis Tosar e Álex García, Elena Anaya e Arón Piper. Drama e suspense danse a man nesta longametraxe na que as vidas dun home con graves problemas de ludopatía e dun francotirador do GEO conflúen no atraco a unha casa de apostas.

Pola súa banda, «A viaxe de Lucy», da directora Ruth Cao, achéganos a unha viaxe espacial que, por primeira vez na historia, nos axudará a desvelar o enigma das orixes do sistema solar e descúbrenos os retos superados para que a sonda espacial Lucy sobrevoe seis asteroides troianos de Xúpiter.

+SOBRE FATUM

Serxio ten graves problemas co xogo. Tras xurar á súa dona que non voltará a caer, recibe un aviso sobre un suposto amaño dun partido de fútbol e, incapaz de cumprir a súa promesa, regresa á casa de apostas coa intención de recuperar todo o diñeiro perdido. O soplo resulta ser certo e por fin a súa sorte mudará… pero Alexo, cun pasado salpicado tamén polo xogo, irrumpe armado no local. Pablo, francotirador do GEO, é presionado pola comisaria Costa para prestar servizo no atraco. Pero a cabeza do GEO está noutro sitio, no hospital, onde a vida do seu fillo pende dun fío.

O destino fai que Serxio e Pablo se vexan envoltos nun atraco a unha casa de apostas, onde un disparo cambiará as súas vidas para sempre.

+SOBRE A VIAXE DE LUCY

A cinta fai un achegamento sen precedentes á trastenda dunha apaixoante misión espacial da NASA a través dos ollos de catro brillantes mentes que axudarán a derribar os clichés de científicos a través da súa intimidade e cun toque de humor, así como inspirar a novas xeracións a perseguir calquera soño por tolo que sexa, xa que, quen sabe se poderían acabar convertíndose nos líderes dunha importante misión da NASA coma eles.

O documental acompaña durante tres anos a un dos científicos planetarios máis recoñecidos a nivel mundial, e pai dunha controvertida teoría sobre a formación do sistema solar; unha muller afrodescendente que aos dez anos soubo que quería ser enxeñeira e traballar para a NASA (e que o conseguiu!); un enxeñeiro con máis de dez misións espaciais ás súas costas e que está agora a construír a nave espacial que levará á humanidade de volta á Lúa; e unha científica que adica o seu tempo tempo de lecer a adestrar adolescentes en robótica.

Lea también

Las IV jornadas Micológicas de Neda concluyen con la visita al área recreativa de Maciñeira

Una decena de personas ha participado en la mañana del sábado 30 en la tercera …

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *