O alcalde de Fene anuncia nova convocatoria dos Premios Curuxa para 2025

Os debuxantes Adrián Dopico López (Premio Curuxa 2024), Lucas Sixto Carballeira (Premio Curuxa Nova 2024) e Iván Mata Tamayo (1º premio na categoría Caricatura) recibiron o venres 8 da man do alcalde de Fene, Juventino Trigo, e do concelleiro de Cultura, Justo Ardá, os diplomas que os acreditan como gañadores XXVIII concurso de humor gráfico e caricatura Curuxa do Humor.

No acto, o primeiro rexedor fenés louvou o traballo dos premiados, afirmando que “desde o Goberno Municipal de Fene sentímonos moi fachendosos por axudar a difundir – con este premio – a obra dos mellores humoristas gráficos do país”.

Nos corenta anos de historia do Museo, dixo Trigo, os Premios Curuxa foron cambiando e adaptándose aos novos tempos. Mudaron as categorías, mudou o ámbito xeográfico do certame (que inicialmente era internacional pero que, desde hai uns anos, vai dirixido unicamente a autores e autoras residentes no estado español). Pero o que non mudou foi a filosofía do certame, “procurando o recoñecemento aos profesionais do humor gráfico e a promoción de novos valores”.

A entrega dos Premios Curuxa 2024 foi un acto sinxelo que comezou coa lectura da acta do xurado e coa proxección das obras gañadoras e finalistas. Cada un dos premiados subiu entón ao escenario do salón de actos do Museo do Humor Xaquín Marín para recoller o diploma e comentar brevemente a súa obra.

Ao remate, o alcalde de Fene, Juventino Trigo dirixiuse aos presentes referíndose aos Premios Curuxa coma o “garante do futuro do Museo do Humor Xaquín Marín e, polo tanto, dun dos principais signos de identidade do Concello de Fene”E concluíu anunciando unha nova convocatoria do certame, da que se farán públicas as bases a comezos do vindeiro ano.

A gala dos Premios Curuxa 2024 completouse cunha recepción da Corporación Municipal de Fene aos autores premiados, aos que se convidou a asinar no Libro de Honra do museo, e coa primeira función do ciclo Novembro, mes do humor, protagonizada polo humorista ferrolán Pepo Suevos

Adrián Dopico
Lucas Sixto
Iván Mata

Lea también

Jornadas de la Gaita Antón Varela «Tonecho» en el Ateneo Ferrolán

  Un año mas el Ateneo Ferrolán celebra las Jornadas de la Gaita  que lleva …