Ferrol en Común insta ao concello a preservar o Arquivo histórico militar

Ante a posible desaparición de parte do Arquivo histórico militar, Ferrol en Común insta ao concello «a un pronunciamento expreso para preservar unha institución que serviu de base ao traballo de múltiples investigadores que fixeron un traballo impagable para a memoria histórica democrática, para a dignidade de centos de familias que perderon a represaliados pola ditadura e para poder dar a coñecer ás vindeiras xeracións as atrocidades do franquismo».

Dende Ferrol en Común, «xa no anterior mandato, instamos a crear, ao abeiro do Regulamento de participación cidadá, un consello sectorial para a memoria histórica, onde sociedade civil comprometida e corporación compartan espazo de reflexión, estudo e reivindicación, que conserve a dignidade de tantas persoas que loitaron contra o fascismo e seguimos insistindo na súa necesariedade».

«Por iso, cremos máis que nunca, a urxencia da súa convocatoria, co fin de pronunciarse de forma colectiva contra calquera iniciativa que supoña o desmantelamento parcial ou total do Arquivo, entidade fundamental para artellar documentación que sirva de base á nosa memoria colectiva e aos principios democráticos».

Lea también

Detenido en Canido uno de los principales proveedores de droga a Ferrol, con 3,5 kilos de cocaina

La Policía Nacional detuvo a un hombre en Ferrol como presunto autor de un delito …

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *