Concello de Narón e Centro de Recursos Solidarios programan recollidas pola DANA

A campaña de recollida de alimentos organizada polo Concello de Narón e o Centro de Recursos Solidarios para axudar ás persoas afectadas pola DANA en Valencia encara os últimos días.

Ata este domingo, día 10, poderanse entregar no Centro de Recursos Solidarios -no polígono da Gándara, ao lado do Centro Municipal de Formación Irmás Froilaz-, no pavillón polideportivo municipal da Gándara, nas instalacións do SPEIS, no polígono de Río do Pozo, na Cooperativa do Val (O Val e Xuvia), no supermercado Migros (Xuvia) e nos centros comerciais Odeón e Narón alimentos non perecedoiros e produtos de limpeza e hixiene persoal.

Dende o Centro de Recursos Solidarios indicaron que nas súas instalacións hai xa máis de cinco toneladas de doazóns, a falta de contabilizar durante esta fin de semana as que a xente depositou no resto de puntos habilitados e tamén nos centros de ensino da cidade.

Dende o CRS incidiron en que tal e como lles comunicaron dende Valencia, non precisan máis doazóns de roupa e tralas conversas mantidas tamén pola concelleira de Benestar Social, María Lorenzo, con responsables de concellos afectados, a partir do domingo poderase doar no Centro de Recursos Solidarios material escolar, unha demanda que realizaron dende Valencia.

Así mesmo, nas vindeiras semanas traballarase “a demanda”, en función das necesidades que vaian indicando os concellos e a Federació Valenciana de Municipis i Provincies, tal e como indicaron dende o Consistorio e o CRS.

Lea también

Una mujer resultó herida al volcar su vehículo, tras una colisión, en la AG-64, en Narón

Pasadas las dos de la tarde de este miércoles, día 6, se registró un accidente …

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *