Cinco bombeiros do SPEIS de Narón parte a Paiporta a axudar ós afectados pola Dana

A alcaldesa da cidade, Marián Ferreiro, e o concelleiro de Seguridade Cidadá, José Oreona, desprazáronse esta mañá ás instalacións do Servizo de Prevención, Extinción de Incendios e Salvamento (SPEIS) de Narón para reunirse cos cinco bombeiros que partiron cara ao municipio de Paiporta, duns 29.000 habitantes e epicentro da traxedia derivada da DANA na Comunidade de Valencia.

Fernando Ares, Antonio Bellón, Iván Pérez, José María Sánchez e David Esclusa forman a dotación do persoal que partirá cun vehículo autobomba e un furgón.

En relación aos medios materiais, os bombeiros naroneses levarán dúas motobombas de auga, motoserras, un xerador eléctrico, focos e linternas, material de rescate en altura e evacuación -camilla nido, sudarios, sacas de material de rescate- e tamén un explosímetro, unha cámara térmica, un dron, medios para rescate acuático -un raf, vadeadores, pértiga…- mascarillas, luvas, emisoras, un repetidor de comunicacións… entre outro material.

A alcaldesa da cidade asegurou que “dende o Concello de Narón contribuiremos cos medios materiais que estean ao noso alcance para poder axudar e agradecemos e valoramos, como non pode ser doutro xeito, o ofrecemento destes cinco bombeiros que partiron cara Paiporta para axudar na zona ante unha catástrofe destas dimensións”.

Os bombeiros naroneses prevén regresar o vindeiro día 13, atendendo ás indicacións que se realizan dende os departamentos e institucións que están coordinando este tipo de axuda, co fin de organizar o traballo dos diferentes profesionais e voluntarios que se desprazan a zona, onde lles asignan tarefas específicas.

Lea también

Ferrol da la bienvenida a Papá Noel y sus elfos en su «fábrica mágica» de Nadalia

El alcalde de Ferrol, José Manuel Rey Varela, la delegada territorial de la Xunta en …