O Club Náutico Firrete, Pontedeume, mellora as súas instalacións deportivas

A delegada territorial da Xunta en Ferrol, Martina Aneiros, visitou esta semana as instalacións do Club Náutico Firrete de Pontedeume onde supervisou as obras de mellora e reparación do cerramento da súa sede que a entidade acometeu co apoio do Goberno galego.

Acompañada do presidente da entidade, Ramiro Piñeiro, Aneiros coñeceu os pormenores do proxecto que se levou a cabo con cargo a unha axuda para a mellora de instalacións deportivas da Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes. As obras consistiron na instalación de láminas de protección e eficiencia enerxética nas ventás do edificio e na impermeabilización e pintado exterior da fachada. O importe da achega ascendeu a 15.673 euros.

A delegada territorial destacou a implicación do Goberno galego coa dotación de instalacións que permitan aos deportistas adestrar e competir en condición idóneas e para o que a Xunta leva investido este ano máis de 22 M€.

Un compromiso que lembrou, se mantén nos Orzamentos de 2025 con 14,4 M€ consignados para proxectos de infraestruturas deportivas, entre os que destacou os 2,9 M€ para a Cidade do Deporte de Ferrol. “Manterase tamén o apoio ao tecido deportivo con 8,2 M€, o que inclúe 5 M€ para convenios coas federacións, 2M€ aos núcleos de adestramento deportivo (NADE) e 1M€ a equipamento para os clubs deportivos”, indicou.

Lea también

Abierta la presentación de ofertas en FIMO Ferrol, para la ciudad del deporte

Hasta el próximo 29 de julio se pueden presentar las ofertas para las mejoras en …