Nova linea de axudas en Ferrol para a inclusión a través do deporte

O grupo socialista ferrolano valora a aprobación da súa moción sobre a creación dunha liña para o apoio a clubes e entidades que promovan a inclusión a través do deporte no eido da saúde mental. A concelleira Eva Martínez destacou o deporte como «ferramenta moi importante á hora de integrar e incluir, ademais de promover valores como o do compañeirismo, promovendo unha vida sana».
 
A concelleira socialista Eva Martínez Montero destacou ao remate do pleno ordinario celebrado na tarde do luns 4 a aprobación da moción que presentou o seu grupo para apoiar, a través da creación dunha linea de axudas, a todos os clubes e entidades da cidade que apoien e promovan a inclusión a través do deporte da inclusión no eido da saúde mental.
 
Martínez valorou a unanimidade acadada por todos os grupos, «aceptando pola nosa banda todas as achegas feitas polos grupos en aras de acadar ese apoio que nos parecía importante que fora dos 25 concelleiros e concelleiras que integran a corporación municipal», xa que marca «un compromiso ineludible das forzas políticas do Concello coa inclusión e, e forma especifica, coa saúde mental, a grande esquecida da sanidade públoca galega», mencionou.
 
A edil apostou na súa intervención polo deporte como «ferramenta de primeiro orde á hora de integrar e incluir, ademais de promover valores como o do compañeirismo, a todo iso dende a máxima de manter unha vida sana».
 
Martínez Montero destacou a aposta do goberno anterior socialista polo deporte inclusivo, co apoio e achega económico ao Baxi Ferrol para a posta en marcha do seu proxecto Uni2, que naceu en 2022 e conta cunha subvención do Concello de 10.000 euros, e segue a ser un éxito de participación e de inclusión social. Pola contra, citou a outros clubes como O Parrulo, que tamén creou unha escola inclusiva que na actualidade conta con 32 mozos e mozas, sen que a administración local teña achegado nin un euro.
 
«Pensamos que, máis aló das competencias na clinica e sanitaria da Xunta, os Concellos temos unha responsabilidade na atención, prevención e, sobre todo, integración de todas as persoas, especialmente aquelas que sexan máis vulnerables», manifestou a concelleira do PSOE, que rematou apuntando que o seu grupo estará vixiante para que todos os clubes, grandes ou pequenos, poidan recibir axudas para cumprir con este obxectivo ao longo do vindeiro ano 2025.
 

Lea también

El martes inauguración del «Rastrillo» de la A. Nuestra Señora del Carmen

La asociación “Nuestra Señora del Carmen” de Ferrol celebrará desde el martes 26 de noviembre, …

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *