O Samaín en Ares: unha biblioteca de medo e moitas lecturas terroríficas

A Concellaría de Cultura vén de presentar parte da programación para celebrar a efeméride, incluíndo diferentes xogos de buscapistas na biblioteca municipal de Ares. Será necesario inscribirse precisarán previamente a partir deste 30 de outubro ás 16:00 h. vía telemática na web do Concello. Haberá outras dúas actividades complementarias nas instalacións da Alianza Aresana: unha mesa con libros de temática do Samaín e un photocall terrorífico para a veciñanza que se pase por alí.

O Concello presentou algunhas das actividades que se organizarán polo Samaín 2024, onde a Biblioteca Municipal de Ares se converterá nun escenario terrorífico grazas ás propostas que se achegan dende a área de Cultura.

‘Unha biblioteca de medo’ é o nome que recibe a busca de pistas que se promoverá a vindeira semana en tres quendas distintas. Trátase dunha aproximación dos pequenos á biblioteca procurando atopar obxectos, notas e outros elementos desperdigados polas diferentes áreas ou mesmo polos libros, facendo que a rapazada chegue ben preparada para a aventura coas súas lanternas e mesmo caracterizados para a ocasión.

A área de Cultura estableceu tres grupos con 25 prazas cada un, repartíndose do seguinte modo:
– Grupo 1: nenos/as de 3 a 5 anos. Martes, 5 de novembro ás 19:30 horas
– Grupo 2: nenos/as de 6 a 10 anos. Mércores, 6 de novembro ás 19:30 horas
– Grupo 3: nenos/as de 11 a 14 anos. Xoves, 7 de novembro ás 19:30 horas

Esta proposta precisará de reserva previa a través dun formulario telemático habilitado na web institucional, www.concellodeares.gal dende este 30 de outubro de 2024, e terá un custe de 3 euros que se abonará despois da confirmación da praza.

Os membros de familia numerosa contarán cun 50 % de desconto.

De igual xeito, tamén dende o citado mércores se porá a disposición da veciñanza usuaria da biblioteca tanto un Photocall Terrorífico para sacar fotografías do Samaín ata o 11 de novembro como unha escolma tematizada con historias cargadas de ambientes opresivos para que ninguén quede sen pasar a súa dose de medo.

Lea también

Padres de alumnos del CPI As Mirandas, en Ares, denuncian «graves deficiencias» en las aulas de Infantil

La ANPA reclama que solucione la masificación, la falta de ventilación y la carencia de …