A SGHN de Ferrol guía unha saída nos muíños de Esmelle

Será na mañá deste sábado día 2 de novembro coa intención de contrastar coa nocturna realizada na fin de semana anterior.

 
A delegación de Ferrol ofrecerá, dentro do seu ciclo «Outono naturalista» baixo o patrocinio da Deputación da Coruña, unha saída guiada polo val e os muíños de Esmelle. A actividade é gratuíta por vir subvencionada pola Deputación da Coruña; E a intención da mesma é contrastar na medida do posible coa nocturna anterior ofrecida a pasada fin de semana.
 
Os naturalistas anuncian que nos vindeiros días ofrecerán dúas saídas máis de contraste nocturno-diúrno, neste caso en Doniños, nas que percorrererán o paseo do areal e visitarán a lagoa e o observatorio de aves situado a carón desta, no terreo doado nos anos noventa pola oceanógrafa ferrolá Ángeles Alvariño e o seu home. 
 
Para a inscrición nesta actividade de Esmelle diúrno, é preciso contactar coa delegación de Ferrol no correo electrónico ferrol@sghn.org ou nos teléfonos 698141384 e 881931315 
 
Dende a asociación recomendan levar calzado de montaña ou botas de auga, así como roupa cómoda e acorde coa meteoroloxía prevista para esa xornada.

Lea también

Esteiro acoge el Torneo de Baloncesto de Veteranas Ciudad de Ferrol

El concejal de Deportes de Ferrol, Ricardo Aldrey, presentó en la casa consistorial la segunda …