O Parque do Río Freixeiro acolle esta vindeira fin de semana a «Cheesecake Fest»

O festival gastronómico celebrarase do 4 ao 6 de setembro con ambiente familiar e formato pet friendly y con más de 10 sabores de tarta de queixo.

Parque Fluvial de Freixeiro/ Fuente Concello de Narón-Turismo

O Concello de Narón colabora na organización da «Cheesecake Fest», un festival gastronómico itinerante que aterrará no Parque do Río Freixeiro os días 4, 5 e 6 de setembro. O evento ofrecerá aos veciños e visitantes máis de dez variedades de tartas de queixo, dende as receitas máis tradicionais ata as combinacións máis innovadoras.

A cita gastronómica arrancará o venres 4 de setembro en horario de tarde- noite, dende as 18:00 ata a medianoite (00:00 horas). O sábado 5 de setembro o recinto permanecerá aberto de xeito ininterrompido dende as 13:00 ata as 00:00 horas, mentres que o domingo 6 de setembro o horario será de 13:00 a 23:00 horas.

A cita está deseñada como unha alternativa de ocio accesible e ao aire libre para gozar en familia, en parella ou con amigos. Ademais, o festival será amigable coas mascotas, polo que os asistentes poderán acudir cos seus cans para gozar do espazo natural do parque e da oferta das distintas foodtrucks.

Con esta iniciativa, o Goberno local reforza a súa aposta polas actividades que dinamizan os espazos públicos urbanos e que ofrecen novas propostas de lecer e gastronomía para todos os públicos dentro do termo municipal.

Lea también

Llega a Ferrol Symphony el proyecto musical inmersivo de A Fundación

La plaza de Armas acoge esta experiencia virtual de 16 de septiembre a 27 de …

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *