A Deputación regresa ao Salón de Turismo Gastronómico ‘Xantar’

A Deputación da Coruña regresa ao Salón de Turismo Gastronómico ‘Xantar’ para promocionar internacionalmente “A provincia que sabe”

Fuente Diputación de A Coruña

A Deputación da Coruña volverá a estar presente no Salón Internacional de Turismo Gastronómico Xantar Ourense. Entre este xoves 24 de outubro e o domingo 27, a institución provincial participará no evento baixo a súa marca turística e gastronómica “A provincia que sabe”.

Así, desde o seu propio stand, a Deputación da Coruña promocionará produtos e eventos gastronómicos senlleiros da provincia a través de iniciativas como degustacións, catas, showcookings e soportes audiovisuais.

Na edición deste 2024, serán 13 os municipios de diferentes puntos da provincia que amosarán no espazo da Deputación de Coruña as súas singularidades e bondades gastronómicas. Así, de xeito concreto, o mel de Oleiros estará presente os catro días coa súa degustación permanente. Mentres, este xoves 24, o Concello de Ponteceso promocionará a súa Festa da Faba, o de Arzúa o seu queixo e mel e Muxía o congro.

O venres 25, Vedra exporá a Viño da Ulla e a Festa da Orella de San Fins de Sales, Vimianzo regresará aos sabores do pasado vinculadas á Festa da Faguía e ao Asalto ao Castelo e Mazaricos ensinará o sabor do Bolo do Pote.

Xa o sábado 26 será a quenda para o percebe, o polbo e a navalla de Ribeira. Pola súa banda, o Concello de Carballo contará cunha degustación de pan, empanada e pan de ovo tradicionais do municipio e A Laracha exhibirá as súas Festa da Fabada e Festa da Horta.

Por último, o champiñón e o lacón con grelos de Ordes serán protagonistas no derradeiro día, o domingo 27. Xunto a eles presentaranse o Concello de Moeche coa súa Feira do Queixo e o Concello de Melide e o seu tradicional melindre.

Lea también

Palo Santo do Camiño, uno de los mejores quesos mundo por los “World Cheese Award

Palo Santo, con su queso curado “Palo Santo do Camiño” de 12 meses, ha sido …

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *