A SGHN organiza unha saída nocturna por Esmelle

Será co fin de observar a fauna nocturna, como son os morcegos e avenoiteiras desta parroquia.
 
 
A vindeira actividade de interpretación do medio dentro do ciclo «Outono naturalista», que organiza a delegación de Ferrol da SGHN será ao solpor do vindeiro sábado 26 na parroquia de Esmelle (Ferrol, A Coruña).
 
Esta actividade, de carácter nocturno, é gratuíta por vir subvencionada pola Deputación da Coruña.
 
Próximamente, o seguinte sábado 2 de novembro, os naturalistas organizarán novamente esta mesma pero con carácter diúrno, co fin de contrastar ambas saídas.
 
Para a inscrición, é preciso contactar coa delegación de Ferrol no correo electrónico ferrol@sghn.org ou nos teléfonos 698141384 ou 881 931 315.
 
Dende a entidade comunican que esta actividade é de DIFICULTADE BAIXA-MEDIA, e recomendan levar calzado tipo montaña, ou no seu lugar botas de auga así como roupa acorde coa meteoroloxía prevista.
 

Lea también

Tellado e Rey Varela inician a campaña do 29N desde Ferrol chamando á unidade para abrir unha nova etapa política con Feijóo

O candidato número 1 ao Congreso pola provincia da Coruña, Miguel Tellado, e o candidato …