A Deputación da Coruña reforza a súa aposta polo deporte feminino e o BAXI Ferrol

A Deputación da Coruña apoia con 70.000 euros ao Club Universitario de Ferrol, co fin de cofinanciar a participación do equipo de baloncesto feminino BAXI Ferrol na Liga Endesa e a Copa da Raíña ao longo desta tempada deportiva.

Fuente Diputación de A Coruña

O presidente da Deputación, Valentín González Formoso, e o seu homólogo do Baxi Ferrrol, Santi Rey, asinaron o convenio de colaboración polo que a institución provincial financia arredor do 12% do orzamento do equipo ferrolán durante a presente tempada, que ascende aos 568.000 euros, e no que se inclúen gastos como salarios, viaxes, alugamentos, arbitraxes, licenzas, materiais, médicos ou gastos de representación, entre outros.

A institución provincial renova coa sinatura do convenio o seu apoio ao club universitario, que recibiu ao longo da súa existencia o respaldo económico da Deputación, a través de convocatorias de subvencións de libre concorrencia e nominativas.

Formoso destacou que o Uni Ferrol “é todo un referente deportivo” na provincia coruñesa e en Galicia e que este apoio ao club enmárcase “na importante acción de promoción do deporte feminino que vimos facendo desde o goberno da Deputación da Coruña nos últimos anos”.

Fuente Diputación de A Coruña

O Club Universitario Ferrol

O Club Universitario Ferrol, entidade detrás do BAXI Ferrol, vén de cumprir 26 anos, un tempo no que chegou a converterse en referente do baloncesto feminino non só a nivel provincial e galego, senón que tamén estatal, participando nos últimos anos en tres edicións da Copa da Raíña e en dúas semifinais da Liga Endesa.

O impacto do club universitario a nivel deportivo tamén abrangue ao ámbito social, con arredor de 1.200 persoas asociadas e unha asistencia media superior aos 1.500 seareiros e seareiras no pavillón da Malata, o que o sitúa como o quinto club a nivel nacional no que se refire a seguimento.

Ademais do equipo sénior, o BAXI Ferrol, o club conta con 21 equipos, dende categoría sénior autonómica ata baby basket, e mantén unha escola de baloncesto para os máis pequenos.

Lea también

La periodista María Rey recibirá en Ferrol el Premio Honorífico de Comunicación de los IX «Premios Paraugas»

La periodista María Rey (Vigo, 1967) será reconocida con el Premio Honorífico de Comunicación de …

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *