Unha unidade móbil de inspección técnica de agrícolas desprazarase a Narón

Unha unidade móvil de Inspección Técnica de Vehículos (ITV) agrícolas estará o vindeiro mes de novembro nas parroquias de Pedroso e do Val, Narón.

A primeira xornada para as revisión será o día 14 en Pedroso, onde a unidade se localizará no campo da festa e estará operativa en horario de mañá e tarde, de 9.00 a 13.30 horas e dende as 15.15 ata as 18.00 horas.

No caso da parroquia do Val ubicarase o día 15 de novembro nas inmediacións da cooperativa do Val, onde estará operativa en horario de mañá, de 9.00 a 13.30 horas.

As persoas interesadas en acudir poden reservar cita previamente chamando ao número de teléfono 981 928 080 ou a través da web: www.sycitv.com.

Lea también

A Serra gaña o XI Concurso de Tapas de Entroido de Narón co “Can Cocido by Leiras Food”

O restaurante A Serra, situado en Pedroso, proclamouse gañador do XI Concurso de Tapas de …