A Agrupación Instrutiva de Caamouco AIC acoge la actuación de Geno Fernández

O músico aresán Geno Fernández ofrecerá este domingo 20 de outubro un concerto na Agrupación Instrutiva de Caamouco. A actuación está programada para as 19:00 horas.

Baixo o título ‘Cancións de sempre’, o cantante ofrecerá unha escolma de músicas de toda a vida, dende o bolero á copra, incluíndo tamén cancións galegas. Geno Fernández leva toda a súa vida vinculado á música, tanto a través de proxectos en grupo como en solitario.

Renovación do salón de actos

A actuación de Geno Fernández deste vindeiro domingo servirá tamén para a posta de longo do renovado salón de actos da Agrupación Instrutiva de Caamouco. O seu concerto é a primeira actividade de fin de semana que acolle este espazo, onde se executaron diversas obras de mellora cofinanciadas pola Deputación da Coruña. Con todo, o espazo leva acollendo outro tipo de actividades da Agrupación dende hai dúas semanas, como os disintos obradoiros anuais que organiza a entidade.

Ademais da mellora estética, que pon en valor o noso edificio, o importante do proxecto é o quenon se ve, suprimindo humidades e filtracións de forma definitiva grazas á instalación dunha capa illante que, ao mesmo tempo, fará que o espazo sexa máis cálido no inverno. Aprovitando os traballos déuselle un novo aire ao zócalo e instaláronse no chan tres puntos con enchufes.

A humidade foi a que danou de xeito irreparable o anterior chan, tanto que ata debaixo del medraban raíces ao tempo que a madeira apodrecia, facendo inviable o seu mantemento.

Lea también

O COAG Ferrol inaugura en Ferrol unha exposición dos carteis que Felipe Peña deseñou para as actividades culturais da Escola de Arquitectura da Coruña

Inaugurarase este xoves, ás 19 horas, no Centro Cultural Torrente Ballester e poderase visitar ata …