Continúa en Narón o ciclo Tempo de música

O ciclo Tempo de Música continúa este domingo 20 coa súa programación no centro cívico social do Couto, Narón. Ás 18.00 horas dará comezo a actuación da rondalla de mulleres Santa Uxía de Mandiá, de Ferrol, e a continuación terá lugar a de Los transnochadores del Eume, de Pontedeume.

A entrada a este ciclo, organizado polo Concello de Narón e a AVV do Couto en colaboración coa Deputación da Coruña e a Federación Coral Galega, é de balde.

A cuarta xornada desta trixésimo primeira edición do ciclo musical será o día 27 deste mes, cando se subirán ao escenario o Coro de Espasante (Ortigueira) e a Coral polífónica de Santiso (A Coruña).

Finalmente, o 3 de novembro pecharán o ciclo o grupo Culpables, de Neda, e a Coral Amistad, da Asociación de Veciños do Couto.

En todos os casos as actuacións darán comezo ás 18.00 horas.

Dende o Concello anímase á cidadanía a acudir a desfrutar desta convocatoria musical, unha das máis consolidadas dentro da programación cultural de Narón.

Lea también

O Festival de Entes Animados celebra a súa sétima edición en Ferrolterra con máis compañías e espectáculos

O evento cultural, que busca «descentralizar» a oferta teatral, levarase a cabo do 19 ao …