Fene acolle o Campeonato Xunta de Galicia de Judo categoría absoluta

Ao redor de 180 judokas, nados entre os anos 2009 e 2003 e anteriores, tomarán parte este sábado 19 a partir das 16 horas, no Campionato Xunta de Galicia de Judo categoría absoluta que organizan a Federación Galega de Judo e o Club Artes Marciais Fene coa colaboración da concellería de Deportes de Fene.
 
 
Os participantes competirán simultáneamente en 3 tatamis e en combates de 4 minutos, desde as 16 até as 19 horas (con eliminatorias, repescas e finais), procedéndose a continuación á entrega de trofeos. 
 
Desde a concellería de Deportes de Fene anímase á veciñanza a asistir ao campionato no que a entrada será libre e de balde. 
 

Lea también

Las obras de la ‘Cidade do Deporte’ en FIMO empezarán antes de finalizar el año

Empieza la cuenta atrás para que el gran proyecto de la ‘Cidade do Deporte’ empiece …