Amplíase en Narón o prazo de inscrición no curso de manexo de móbiles intelixentes

O Concello de Narón ampliou ata o 28 de outubro o prazo de inscrición no curso de Manexo de móbiles intelixentes dirixido a persoas maiores de 60 anos e empadroadas na cidade. Así o avanzou a edil de Benestar Social, María Lorenzo, apuntando que xa se conformaron unha ducia de grupos na zona urbana e rural.

As inscricións son de balde e poden realizarse nos centros cívicos sociais e entidades veciñais da cidade, ata completar as doce prazas asignadas a cada centro. Para obter máis información ou inscribirse pódese chamar tamén ao número de teléfono 647 787 006, tal e como explicou a edil naronesa.

As sesións programáronse co fin de mellorar a inclusión dixital das persoas maiores, ensinándolles a sacar o mellor partido dos móbiles intelixentes. Para iso dividiuse o curso en dous módulos, un sobre introdución ao manexo de dispositivos móbiles e tablets, e outro sobre comunicación mediante dispositivos móbiles.

Funcionamento, configuración, menús, axenda, cámara, axustes, aplicacións navegación por internet e correo electrónico, whatshapp, Facebook e outras plataformas forman parte dos contidos a abordar nas 20 horas de duración do curso, que rematará o vindeiro mes de decembro.

As sesións programadas na Gándara terán lugar os luns e mércores de 16.00 a 18.00; en Virxe de Fátima os mércores e venres de 11.30 a 13.30; en Santa Icía os luns e mércores de 10.00 a 12.00; en Xuvia os martes e venres de 10.00 a 12.00; no Alto os luns e mércores de 9.15 a 11.15; no Couto os martes e xoves de 18.15 a 20.15; en San Xiao os martes e xoves de 11.30 a 13.30; en Pedroso os mércores e venres de 16.30 a 18.30; en Doso os mércores e xoves de 18.15 a 20.15; en Sedes os luns e martes de19.00 a 21.00; en Castro os luns e venres de 18.15 a 20.15 e no Val os martes e venres de 16.00 a 18.00 horas.

Estes son os grupos que, a día de hoxe, contan xa con algunhas persoas inscritas.

Lea también

«Tardes xuvenís» en Narón ofrece actividades e obradoiros na Casa da Mocidade

A mocidade de Narón poderá participar este mes no proxecto Tardes xuvenís, impulsado dende o …