Prazo de presentación para participar no XIV Concurso de Pintura Cidade de Narón

O Padroado da Cultura de Narón informou da apertura do prazo para presentar obras ao XIV Concurso de Pintura Cidade de Narón.

As persoas interesadas en participar poderán presentar os seus traballos ata o día 31 deste mes, en horario de 9.00 a 14.00 e de 17.00 a 21.00 horas de luns a venres e os sábados de 10.00 a 14.00 horas de xeito telemático (d.canovas@naron.gal) e serán seleccionadas por un xurado, pasando á fase final do concurso un máximo de 24 obras.

Unha vez seleccionadas -notificarase aos participantes, no caso de ser o caso- deberán depositarse no Pazo da Cultura, ata o vindeiro 10 de novembro en horario de 9.00 a 14.00 e de 17.00 e a 21.00 horas. O certame consta dunha única categoría de carácter profesional e a obra deberá ser orixinal, con temática, estilo e técnica libres.

O lenzo non deberá ter máis de 1,5 metros por cada lado e as obras presentaranse sen sinatura, acompañadas dun sobre pechado no que figure o nome e apelidos do autor, o enderezo, teléfono e correo electrónico, o título do cadro e a data de execución e técnica e unha fotocopia do DNI (polas dúas caras) do autor ou documento acreditativo. Os traballos seleccionados exporanse no Pazo da Cultura, onde se poderán ver entre o 15 e o 23 de novembro, no horario de apertura das instalacións.

O día 12 de novembro o xurado fallará os premios, cuxa entrega terá lugar o día 23 de novembro, Día de Narón, no Pazo da Cultura.

A obra gañadora pasará a ser propiedade do Padroado da Cultura do Concello de Narón e o autor ou autora da mesma recibirá un premio de 3.000 euros e terá dereito a unha exposición de 15 días da súa obra no Pazo. Así mesmo, non poderá presentarse nas vindeiras dúas edicións, tal e como marcan as bases desta convocatoria.

Lea también

Valdoviño acoge el documental “Emoción, vida e teatro. A nave das Marías”

El Ciclo Mestro Mateo continúa esta semana en Valdoviño con la proyección del documental «Emoción, …