As Pontes ultima o concurso de cestas da XXXIV Feira de Fungos e Cogomelos

O Concello das Pontes abre este luns 7 o prazo de inscrición no concurso de cestas da XXXIV Feira de Fungos e Cogomelos que se celebrará os días 2 e tres de novembro.

Fuente As Pontes

As inscricións poden realizarse no Departamento de Cultura, antes da feira, no telf. 981440344 ou no correo cultura@aspontes.org ata o 31 de outubro de outubro ás 12:00h (deberán ter confirmación do Departamento de Cultura da inscrición na feira), e o día 2 de novembro na Feira antes das 10:30h.

Para concursar deberán presentarse exemplares dun mínimo de 10 especies distintas de cogomelos silvestres.

As persoas concursantes deberán identificalos e poñer nome nos cogomelos que presenten. Non se empregarán especies protexidas.

As persoas concursantes deberán ter, cando menos, 18 anos que acreditarán presentando o DNI, aquelas da categoría xuvenil deberán ter entre 18 e 25 anos cumpridos o día do concurso (2 de novembro). Cada persoa só poderá participar cunha cesta.

A presentación a concurso será dende as 09.00h ata as 10.30h na carpa instalada na praza de Amércia, a partir desta hora, momento no que o xurado comezará a facer a valoración das cestas, non se admitirán máis participantes.

O xurado estará formado por persoas entendidas na materia que valorarán a clasificación, estado e variedade das especies presentadas. Ademais no premio especial atenderase á presentación e exemplares máis raros. Entre as persoas participantes repartiranse un 1o premio de 400 euros, un 2º premio de 200 euros, 3º premio de 150 euros, 4º premio de 100 euros e un 5º premio de 75 euros.

Ademais haberá un premio especial xuvenil valorado en 75 euros e un premio especial de 400 euros.

Lea también

Neda activa la merienda de Navidad de la tercera edad

El Ayuntamiento de Neda inicia los preparativos para su programación especial de Navidad. Desde el …