Alumnado do CPI Atios en Valdoviño asiste ao monólogo «Galego para Adolescentes»

O Concello de Valdoviño convidaba o xoves 3 á tarde ao alumnado de Educación Secundaria do CPI Atios a asistir ao monólogo «Galego para Adolescentes» de Avelino González.
 
 
A actividade, que se celebrou no auditorio da casa da cultura para os estudantes de 2º, 3º e 4º, contou co apoio da Secretaría Xeral de Política Lingüística.

Actor de cine e televisión e narrador, Avelino González regresaba a Valdoviño para ofrecer un espectáculo do máis participativo e visual co que animou á rapazada a falar, e gozar, do e co galego, con constantes referencias á linguaxe e toponimia local. Un enredo sobre a morfoloxía e a sintaxe que, ao fin e ao cabo, se convertiu nun titorial sobre como usar a lingua oral

Lea también

El Aula UNED de Ferrol acoge una conferencia sobre el impacto del Nilo en el Antiguo Egipto

El Aula UNED de Ferrol (situada en la calle María, 52-54) se convertirá este viernes, …