Cabanas recibe a visita institucional do Conselleiro de presidencia, xustiza e deportes

O Concello de Cabanas recibiu esta semana a visita do conselleiro de presidencia, xustiza e deportes da Xunta de Galicia, Diego Calvo; acompañado da directora xeral de administración local, Natalia Prieto.

Durante a xornada, tiveron ocasión de coñecer a casa do concello de Cabanas, así como as últimas actuacións levadas a cabo neste municipio grazas ás subvencións da Xunta de Galicia. Así, deuse conta da adquisición da nova furgoneta para o servicio de urbanismo e medioambiente, mediante o Fondo de Compensación Ambiental, que achega o 75% do importe da compra, valorada nun total de 40.000€.

Tamén visitouse a mellora da eficiencia enerxética dos baños do Pavillón de Lavandeira, que inclúe unha remodelación dos vestiarios así como tamén novos equipos de aerotermia para auga quente; nunha actuación financiada a través do Fondo de Cooperación Local con 43.060€ achegados pola Xunta, o 89% do total.

O alcalde de Cabanas, Fernando Couce, agradeceu a visita e sinalou a importancia destas subvencións para seguir mellorando Cabanas. Tamén da necesidade de facelo mediante a colaboración entre distintas administracións públicas. Na visita tamén aproveitouse para facer un repaso á situación do deporte no Concello de Cabanas e as necesidades detectadas.

Na visita estiveron acompañados polo concelleiro de obras e servicios viarios, Manuel González; o concelleiro de deporte, educación e participación veciñal, Joel Ares; e a concelleira Concepción Rodríguez.

Lea también

Sequeiro toma el relevo como sede de la XXII Muestra de Asociaciones de Valdoviño

Está organizada por las entidades vecinales, culturales y deportivas, con la colaboración del Ayuntamiento y …