O cine de estrea regresa, esta fin de semana, a As Pontes

Desde a posta en marcha desta iniciativa, pasaron pola Casa Dopeso, máis de 36.800 persoas espectadoras. O Concello continuará ofrecendo sesións de cine adaptadas para público neurodiverso

O cine de estrea regresa, esta fin de semana, a As Pontes, tras o descanso estival. Lorena Tenreiro, concelleira de Cultura recorda que o cine é unha das apostas culturais do goberno local con maior acollida entre a veciñanza, especialmente entre o público familiar; ”desde o ano 2017, data na que lle ofrecemos á veciñanza acceso a unha carteleira actual e en formato dixital, máis de 36.800 persoas espectadoras pasaron pola Casa Dopeso a gozar dos máis de 263 títulos programados».

«Estas cifran acreditan o respaldo a esta proposta cultural e anímanos a seguir apostando por achegar á veciñanza unha programación cinematográfica, de estrea, dixital e de calidade, propia das grandes vilas e pensada para todos os públicos, na que seguiremos contando sesións para público neurodiverso ao longo de toda a tempada», engade a concelleira de Cultura.

A programación do mes de outubro arrancará coa proxección, o sábado 5 de outubro, ás 17:00 horas, do filme Gru 4, mi villano favorito que se proxectará tamén ás 19:30 horas. A proposta para o público adulto é Romper el círculo (sábado, ás 19:30 e 22:00 horas e domingo ás 19:30 horas)

A seguinte fin de semana as películas que se proxectarán serán Buffalo Kids (sábado e domingo, ás 17:00 horas) e Volveréis para o público adulto (sábado, ás 19:30 e 22:00 horas e domingo ás 19:30 horas)

A terceira fin de semana estarán en carteleira, para o público familiar, Héroes de Central Park (sábado e domingo, ás 17:00 horas) e para o público máis maior Bitelchús Bitelchús (sábado, ás 18:30 e 22:00 horas e domingo ás 19:30 horas)

Os días 26 e 27 de outubro será a quenda para Zak y Wowo que se proxectará o sábado e o domingo ás 17:00 horas e ás 19:30 horas. Ás 22:00 horas, para o público adulto, o título escollido é El Club de los milagros, que se proxectar tamén o domingo ás 19:30 horas

Lea también

La Sociedad Artística Ferrolana entrega el premio ‘Gregorio Baudot 2026’ al grupo ferrolano BÖJ

En el mismo evento se entregó el título de socio de Honor de la SAF …