A Deputación achega 125.000€ para financiar o funcionamento de Exponav en Ferrol

O presidente da Deputación da Coruña, Valentín González Formoso, e o xerente de Exponav, Rafael Suárez Pérez, asinaron este venres 27 o convenio para financiar as actividades da Fundación e do Museo da Construción Naval durante o ano 2024.

A Deputación da Coruña achega 125.000 euros, unha achega económica destinada a financiar o funcionamento deste centro museístico único nas súas características e o máis importante do seu ámbito en toda España, cunha exposición científico-técnica que presenta aos visitantes a historia e evolución da construción naval, que conta cunha gran tradición da comarca de Ferrolterra e que serve ademais como punto de encontro entre a sociedade, a industria, a comunidade educativa (con numerosas visitas escolares cada ano) e a científica.

O presidente Valentín González Formoso destacou “o firme compromiso” da Deputación da Coruña con Exponav, “un museo de referencia no seu ámbito en toda España e un importante recurso turístico para Ferrol e para a unha comarca na que a construción naval estivo sempre moi presente”.

Este compromiso explicítase na importante achega económica anual que a Deputación destina para financiar tanto a actividade do museo como a conservación e mellora das súas instalacións no emblemático edificio de Ferrerías, no Arsenal ferrolán.

Acción conservación e códigos QR

Dentro das accións previstas no convenio deste ano destaca como novidade a primeira fase dun programa de creación de códigos QR para cada unha das pezas exhibidas no museo, que permitirá aos visitantes acceder a información detallada de cada unha delas e a súa historia de forma sinxela e instantánea a través dos seus dispositivos móbiles.

O apoio da Deputación permitirá tamén actuacións como os servizos de atención ao público, guías, visitas escolares, actividades e obradoiros e a realización de distintos traballos de conservación do edificio de Ferrerías, tanto nos teitos da primeira planta como na sala de gálibos e nos sollados da zona exterior.

Tamén se realizarán actuacións de conservación preventiva co fin de controlar axentes biolóxicos e evitar pragas de insectos e bacterias que afecten ás pezas e realizarase a limpeza e mantemento exhaustivo das grandes máquinas da exposición e do almacén de maquetas.

Lea también

Ferrol celebra The Burger Cup, una oportunidad única para disfrutar de las hamburguesas más virales

La Plaza de Armas de Ferrol acogerá del 15 al 19 de julio una nueva …