Destínanse preto de 85.000€ para axudas ás familias pontesas no novo curso escolar

O Concello destina 48.000 euros ao programa “Eu almorzo no cole” no que participan máis de 120 familias das Pontes. O programa municipal de axudas a escolarización conta con máis de 200 persoas beneficiarias

O Concello das Pontes destina preto de 85.000 euros para axudar ás familias pontesas durante o inicio do novo curso escolar.

O concello das Pontes, dedica 48.000 euros ao programa municipal “Eu almorzo no cole”, xestionado a través das ANPAS dos centros educativos de Educación Primaria do municipio e no que participan máis de 120 familias pontesas.

Trátase dun programa posto en marcha no ano 2019 e que ten como obxectivo prioritario “axudar ás familias pontesa a compatibilizar a vida laboral e familiar ao tempo que promovemos hábitos saudables entre a poboación más nova, a través de propostas de almorzos baseadas no consumo de froitas ou lácteos e mediante actividades complementarias, de carácter lúdico, relacionados coa práctica de exercicio físico”

Durante unha visita a un dos centros educativos que participa neste programa, Valentín Gonzalez Formoso, sinalou que “durante estos 15 anos comprobamos como cada vez son máis as familias cada vez son máis as familias que, por incompatibilidades horarias, necesitan deixar aos seus fillos eno colexio antes do inicio da xornada escolar ademais este programa ten moi boa acollida por parte do alumnado. Estas son as razóns principais polas que o goberno local aposta por manter este programa e incrementar a partida orzamentaria desta iniciativa municipal para, deste xeito, continuar dando resposta ás necesidades da veciñanza”

AXUDAS MUNICIPAIS PARA A ESCOLARIZACIÓN

Na mesma liña de axudar ás familias pontesas durante a etapa educativa dos seus fillos o Concello das Pontes destinou 35.000 euros ao programa municipal de axudas para a escolarización, dirixidas a atender os gastos orixinados polo inicio do curso escolar 2024-2025, do que se benefician 200 estudantes.

Estas achegas están destinadas a atender os gastos de adquisición de libros, material escolar, material informático e material para o conservatorio do alumnado de Educación Infantil (1o e 2o ciclo), Educación Primaria, Educación Secundaria Obrigatoria (ESO), bacharelato, ciclos formativos (FP) e estudios no Conservatorio de Música.

No caso do alumnado de Educación Infantil, de 0 a 3 anos, a axuda ascende a 30 euros. Para Educación Infantil, de 3 a 6 anos, a contía elévase a 100 euros, ao igual que para Educación

Primaria e Secundaria. Os ciclos Formativos e o Bacharelato subvenciónanse con ata 140 euros e o alumnado matriculado en FP básica poderá recibir axudas de 80 euros mentres que o alumnado de grao elemental do Conservatorio recibe unha achega de 40 euros e a axuda para o alumnado de grao superior ascende a 60 euros.

Lea también

La Diputación refuerza su apoyo a la Fiesta del Pan de Neda

Neda será un de los 34 municipios beneficiados con la línea de subvenciones para la …