Regueira defende o valor económico do surf na Cabreiroá Junior Pro Razo

Será a última das tres probas do calendario mundial que se disputan este ano en España, as tres en areais da provincia da Coruña e as tres co apoio da Deputación de A Coruña.

“Citas coma esta e as celebradas en Ferrol e en Patín nos últimos meses permítennos posicionar unha marca turística e ofrécennos moitas máis posibilidades para acadar retos coma o da desestacionalización”, salientou o vicepresidente Xosé Regueira

Fuente Diputación de A Coruña

Comezou este martes 24 o Cabreiroá Junior Prol Razo 2024, a terceira e última das tres probas que a World Surf League (WSL) celebra este ano en España; as tres, en areais da provincia da Coruña —ademais da carballesa, o Gadis Longboard Festival Ferrol e o Abanca Pantín Classic Surf Pro—, e as tres, apoiadas pola Deputación.

Antes de que as táboas entrasen á auga a competir, presentouse o torneo, nun acto no que participou o vicepresidente e titular de Turismo provincial, Xosé Regueira, a quen acompañaron o alcalde de Carballo, Evencio Ferrero; Yago Barreto, do Club Praia de Pantín, organizador da proba; Mateo Saco, vicepresidente da Federación Galega de Surf; Carmen Pita, directora de Promoción de Turismo de Galicia; José Ramón Lete, secretario xeral para o Deporte da Xunta, e Manuel Eiroia e Melisia Plagiaro, representantes de dúas da firmas patrocinadoras.

Fuente Diputación de A Coruña

Regueira comezou a súa intervención defendendo o valor económico do  surf:  “Nunha provincia coma a da Coruña, con 956 quilómetros de Costa, o surf, ademais de deporte, é economía; unha economía que nos permite posicionar unha marca turística e nos ofrece moitas máis posibilidades para acadar retos coma o da desestacionalización”.

O vicepresidente falou da importancia da colaboración entre institucións públicas e sector privado: “Sempre suceden boas cousas no territorio cada vez que, por un evento coma o que hoxe comeza, nos xuntamos as administracións públicas e o patrocinio privado”

“Temos capacidade”, engadiu, “de mellorar o convenio que subscribimos Turismo da Deputación, Turismo de Galicia e Xunta de Galicia, poñendo o surf en primeiro plano e en valor. Non hai que esquecer que os tres concellos da provincia da Coruña onde se celebran este ano probas do calendario mundial, Valdoviño, Ferrol e Carballo, participan no proxecto Red de Pueblos del Surf, de Experiencias Turismo España; ou sexa, tres concellos coruñeses cos que a Deputación traballa para que Galicia, pero tamén o norte no Estado, se convertan en referencia mundial para a práctica deste deporte”.

Fuente Diputación de A Coruña

Para Regueira, citas coma o Cabreiroá Junior Pro Razo dan resultados económicos: “Estiven estes días falando con empresas que teñen o seu labor aquí e están contentos; polo tanto, iso tamén nos dá ánimos para seguir traballando con todos para os vindeiros anos”.

Rematou o vicepresidente desexando que Carballo, “onde se fundou o primeiro camp surf da historia de España”, incremente o número de licencias de deportistas do concello: “Eu agardo que nalgún momento estean competindo polo podio surfistas formados en Razo”.

Fuente Diputación de A Coruña

A proba

Preto de 200 surfeiros están rexistrados para a competición oficial de Razo: de entre 12 e 20 anos, chegados desde Xapón, Israel, República Checa, Países Baixos, Italia, Francia, Portugal, Gran Bretaña, Alemaña Bélxica ou España.

No cuadro feminino, entre as aspirantes destacan as españolas Anette González-Etxabarri e Sol Borrelli, a francesa Sarah Leiceaga e a portuguesa María Salgado; no masculino, Lukas Skinner (GBR), Edoardo Poggi (ITA), John John Rabinovich (ISR), os irmáns Dylan e Connor Donnegan (ESP), ademais do galego Manuel Fernández, vencedor do Open galego, o que lle deu o pase directo á competición principal do Pantin Classic, o pasado agosto, xunto aos mellores do mundo.

Lea también

109 participantes acuden ó XIX Torneo Cidade de Narón de Tiro con Arco

O pavillón polideportivo municipal da Gándara acolle este sábado 23, a décimo novena edición do …